Home Pontevedra O Salnés Vilagarcía únese para visibilizar o cancro de próstata e de testículo a...

Vilagarcía únese para visibilizar o cancro de próstata e de testículo a través do movemento Movember

- Anuncio -

As estatísticas indican que un de cada oito homes terá cancro de próstata.

Para sensibilizar sobre esta patoloxía, están programadas diferentes actividades que se irán desenvolvendo durante todo este mes de novembro.

Durante este mes de novembro, a Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL), xunto coa Farmacia Rolán e a Barbería Mike Hair Studio, únense ao movemento internacional Movember, co fin de darlle visibilidade ao cancro de próstata e de testículo, así como á saúde mental dos homes.

Estímase que un de cada oito homes terá cancro de próstata, unha das tipoloxías máis comúns nos homes, superando os máis de 1,4 millóns de casos rexistrados cada ano en todo o mundo, mentres que o de testículos resulta acadar un 95% de resultados positivos tras ser tratado cos tratamentos axeitados. Pero estes tratamentos de curación poden dar lugar a secuelas importantes na saúde física e mental dos homes e nenos, chegando incluso a afectarlles gravemente. Por iso, este ano ponse o foco na importancia que é previr e pedir axuda cando sexa necesario.

Durante este mes están programados diferentes obradoiros de sensibilización e información nos que se falará con profesionais de ámbitos especializados. Entre os días 8 e 20 do mes de novembro están programados diversos obradoiros de concienciación como o de Prevención de Saúde Mental nos Homes; outro de uroloxía, onde participará o xefe de Servizo de Uroloxía da Área Sanitaria de Santiago – Barbanza, Camilo García Freire; un obradoiro de derma a cargo do equipo profesional da Farmacia Rolán que leva por título “Coidando o teu día a día. Ti eres o teu maior tesouro” e para finalizar, a traballadora social de AGL, María Araujo falando de “Vivir con linfedema tralo cancro”.

Outra das actividades programadas lévase a cabo na farmacia Rolán. Ao longo deste mes realizará un cuestionario (IPSS) a todos os varóns maiores de 50 anos para facer unha valoración da súa saúde prostática, con derivacións ao médico segundo a puntuación obtida na consulta farmacéutica.

Para a data de 20 de novembro está programado un concerto solidiario a cargo de Duendeneta e que conta coa colaboración dsienteresada de diferentes locais e comercios do concello de Vilagarcía de Arousa. No evento instalarase un photocall para que as persoas que se presten, poidan sacar unha foto cun bigote e subilas ás redes acompañadas do hashtag #vgaMovember e entrarán nun sorteo de agasallos facilitados polos comercios da vila. Para as persoas que non poidan asistir este día, poderán subir as súas fotos con bigotes á páxina de Instagram vgaMovembrer, acompañadas do hashtag #vgaMovember.

Entidades solidarias confirmadas ata agora:
• La Duendeneta
• Tenda de roupa Madison Av.
• Marca de camisetas Leg3nd Style
• Marca de camisetas Inconcept
• Retro Rocket Vintage shop
• Café bar Miúdo
• Café Bar Diurno
• Café Bar Trastero
• Bañosprint Servicios de Impresión

Persoas de contacto:

• María Araujo Rey, traballadora social de AGL: 630 024 428
• Mike, Barbería Mike Hair Studio: 603 495980
• Mª Jesús, farmacia Rolán: 609 534 687

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Publicacións Relacionadas