test
Home Baixo Miño A Guarda Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

- Anuncio -

Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición verde e dixital e coa competitividade


EuRural traballa para liderar a solicitude dunha Reserva da Biosfera Transfronteiriza

‘A despensa de Galicia’ do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño segue avanzando con paso firme. Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras dos 14 municipios do territorio que forman parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui) mantiveron un encontro este martes en Mos para facer balance do estado de execución das primeiras accións postas en marcha ao abeiro deste plan que busca transformar o modelo turístico do territorio en base ao potencial da súa enogastronomía.
A presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presidiu a reunión xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. No encontro tamén participaron Paco Ferreira, rexedor de Gondomar; Juan A. González, alcalde de Nigrán; Ánxela Fernández Callís, rexedora do Rosal; Luciano Otero, alcalde de Pazos de Borbén; e cos concelleiros e concelleiras Fernando Reyes, da Guarda; Sheila González, de Baiona; Rocío Goberna, de Gondomar; Sara Cebreiro, de Mos; Antía R. Carrera, do Porriño; Beatriz Rodríguez, do Rosal; Diego Moreira, de Soutomaior; e Ana Núñez, de Tui.
Resultados prometedores
Durante o encontro, os representantes municipais revisaron o avance de varios proxectos da ‘Despensa de Galicia’ con accións en diferentes concellos do territorio. Neste camiño, dentro do Plan de Sinalización Intelixente de Recursos Enogastronómicos do Destinodesenvolverase un inventario exhaustivo dos recursos enogastronómicos do territorio, coa intención de desenvolver accións asociadas co obxectivo de crear unha base de datos xeoreferenciada de recursos turísticos. Esta base de datos servirá de punto de partida para proxectos futuros, incluíndo a creación dunha rede de miradoiros, de rutas cicloturistas e a homologación de rutas de sendeirismo en contornas enogastronómicos do territorio.
Ao abeiro do proxecto de creación de contidos dixitais vinculados coa enogastronomía, desenvolverase unha estratexia de marca do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño para a creación de contidos dixitais interactivos que permitan reforzar a promoción turística e o posicionamento do territorio. “Xa estamos vendo como os nosos esforzos están a dar froitos tanxibles no territorio con proxectos que promoven a nosa rica cultura enogastronómica pero que tamén abren novas oportunidades para o turismo sostible e o desenvolvemento económico do Xeodestino”, destacou a presidenta de EuRural, Sandra González.
Xunto con estas iniciativas xa en execución, está en fase inicial o plan de xestión de residuos en festas gastronómicas de interese turístico, que busca desenvolver un plan integral na totalidade do territorio e co que se desenvolverá unha proba piloto en cada un dos concellos seleccionando unha das festas de interese turístico ou gastronómico que realicen.
Reserva da Biosfera
Durante o encontro, ademais de repasar os proxectos en marcha, alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras abordaron unha nova iniciativa de EuRural coa que busca liderar a solicitude da candidatura dunha Reserva da Biosfera transfronteiriza, unha proposta conxunta que incluiría a todos os concellos do territorio e aos municipios portugueses da ribeira do Miño. O obxectivo sería impulsar o desenvolvemento económico sostible do territorio, conciliando coa conservación do seu patrimonio natural e cultural.
Nestes intres estase realizando un estudo de delimitación e viabilidade previo para acadar un recoñecemento que ofrecería numerosos beneficios a nivel local e internacional. Na reunión, persoal técnico expuxo os diferentes supostos propostos para o alcance territorial desta Reserva e acordouse continuar avanzando neste ámbito incluíndo futuras reunión con outros axentes aos que implicar na proposta e no marco de gobernanza.

Relacionadas

A Deputación concentra no Museo de Pontevedra a protagonistas do retorno dos restos de...

0
A xornada desenvolverase o venres 28 de xuño, coa participación de Tareixa Navaza, Javier Baltar, Henrique Monteagudo, Xan Carballa e Xosé Enrique Acuña A conmemoración...

A Deputación acolle ata o vindeiro venres no Pazo provincial a exposición “A Galicia...

0
A mostra, promovida pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo de Fotoxornalistas de Galicia, recolle 73 fotografías, inéditas ou publicadas, realizadas por...

A Deputación ten aberto ata o mércores 3 de xullo o prazo para presentar...

0
Por vez primeira a institución provincial premiará os mellores proxectos da provincia a favor da igualdade de xénero e contra a violencia machista, que...

A Deputación presenta este martes no edificio do Arquivo a publicación “Xulio Gil. Insercións”

0
A presentación terá lugar ás 19:30 horas e contará coa participación do vicepresidente provincial Rafa Domínguez A Deputación presenta este martes, 25 de xuño, ás...

O BNG solicita medidas de control de tráfico na rúa do Sol

0
Nos últimos anos, foron múltiples as veces que o BNG solicitou ao goberno municipal tomar medidas urxentes para o control de tráfico na rúa...

En xullo arranca “Verán con sabor” a guía gastronómica que premia os consumidores

0
Durante os meses de xullo, agosto e setembro aquelas persoas que consuman na hostelería de Salvaterra de Miño poderán optar a máis de 40...

Publicacións Relacionadas