Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación distingue co "Selo Revitaliza" a catro negocios e o CPI...

A Deputación distingue co “Selo Revitaliza” a catro negocios e o CPI de Mondariz por “compostar de maneira responsable

- Anuncio -

Algúns dos establecementos xa locen o distintivo nas súas portas e agradecen o ‘plus’ de calidade que supón para a súa reputación

O Concello de Mondariz, un dos máis adiantados para cumprir a normativa europea, conta xa con 13 centros de compostaxe comunitarios e preto de un milleiro de composteiros individuais

A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’a catro negocios e ao CPI de Mondariz por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico. Algúns dos establecementos xa locen nas súas portas o distintivo que acredita que son ambientalmente sustentables e que fomentan a economía circular no relativo á xestión dos residuos.
Os distintivos foron entregados polo alcalde de Mondariz Xosé Emilio Barros Bello, o concelleiro de Medio Ambiente Leopoldo Tato, e polo mestre composteiro Miguel Vilas Mestre, a Patricia Penelas, coordinadora do proxecto Paisaxe e sostentabilidade do CPI Mondariz, e ás persoas propietarias do restaurante pizzería O Castelo e das casas rurais Vinosobroso e A Cantaruxa Maruxa, ademais do restaurante Sevilla, cuxa representante non puido asistir ao acto e a quen se deu traslado da placa física posteriormente.
O vicepresidente César Mosquera lembra que a Deputación decidiuse a facer o distintivo de compostaxe responsable porque “todo o que se lle poida engadir de valor natural e ecolóxico a unha empresa ou entidade suma en positivo, sobre todo nun momento coma o actual”. “Queremos transmitir de maneira seria que hai restaurantes e centros que fan economía circular, que compostan os seus residuos, que teñen produtos abonados naturalmente que ofrecer no restaurante e que están aforrando unha cantidade de emisións de CO2 absolutamente enorme”, explicou, asegurando que os establecementos que compostan reducen as súas emisións a menos da metade. “Iso haino que ter en conta nestes días que se celebra o Cumio do Clima”, apuntou.
Mosquera lembrou que os negocios, colexios ou entidades de calquera tipo que teñan un “excelente en compostaxe” por cumprir os parámetros establecidos polo persoal do Plan Revitaliza poderán lucir nas súas portas os anagramas do Revitaliza, e tamén o distintivo personalizado, tal e como se fai con outras redes de calidade (Michelín, Tripadvisor…).
Pola súa banda, o responsable da casa rural VinoSobroso, Saim Abi Saab, agradeceu o recoñecemento e subliñou que supón unha axuda para o negocio porque moita clientela ten en conta as cuestións de sustentabilidade ambiental á hora de decidir onde se hospeda. “A nosa política está moito nesas liña”, apuntou, para asegurar que o negocio está moi comprometidos e utiliza o compost producido coa materia orgánica para a horta, obtendo produtos de ‘quilómetro cero’ no mesmo local para servir nos almorzos. Tamén, no caso das crianzas, realizan actividades informativas do funcionamento do composteiro.
Pola súa banda, Tito Represas, propietario da casa rural ‘A cantaruxa Maruxa’ subliñou que “unha cousa que nos parece fundamental é a política medioambiental e sumar esforzos no relacionado co medio ambiente. Para nós a compostaxe é un plus e valoramos ofrecer produtos de calidade na mesa, de proximidade”. Insistiu en que compostar é un hábito diario que se ten convertido en algo mecánico. Agradeceu tamén o apoio do persoal técnico da Deputación e do Concello ao abeiro do Revitaliza polo asesoramento e o control para que todo o proceso de compostaxe sexa correcto.

Finalmente, tanto o alcalde Xosé Emilio Barros como o concelleiro de Medio Ambiente Leopoldo Tato amosáronse satisfeitos cos datos que se están acadando en compostaxe e agradeceron o soporte da Deputación, que ten concedido ao Concello unha subvención de preto de 350.000 euros, ademais de ter instalados 13 centros de compostaxe comunitaria, repartidos preto de 1.000 composteiros individuais, creados varios puntos verdes, mercado maquinaria e vehículos e feito labores de divulgación. Mondariz, de feito, é un dos concellos mellor situados na provincia para cumprir a normativa europea de residuos da UE, que obrigará en breve a reciclar o 50% dos residuos.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas