Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito iniciado no ano 2019

- Anuncio -

Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro e todos eles serán dotados de saneamento

“A actuación forma parte do plan integral do Concello para recuperar e por en valor toda a contorna do Castro”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito iniciado no ano 2019 co fin de por en valor toda esta contorna de especial interese etnográfico. O proxecto, cun orzamento de 135.833 € a cargo do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra, sairá a licitación nos vindeiros días e comprenderá o adoquinado que restaba da rúa Igrexa, os Camiños das Pedreiras e Buenos Aires e a mellora dos camiños das Eiras e Soeiro. En todos os casos se dotará de saneamento e, no caso de Igrexa, tamén se mellorará o sistema de drenaxe.

“A actuación forma parte do plan integral do Concello para recuperar e por en valor toda a contorna do Castro que estamos a musealizar. Significa un paso máis na posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo nunha gran mellora paisaxística, como se puido comprobar xa no 2019 co primeiro adoquinado”, explica o alcalde, Juan González.

Deste xeito, no Camiño das Pedreiras e Buenos Aires, e no que resta de Igrexa, o Concello de Nigrán substituirá o aglomerado asfáltico ou formigón xa moi deteriorado por adoquíns de granito de 20x10x10, ademais de reconstruír un muro tradicional con risco de colapso nas Pedreiras e mellorar o sistema de drenaxe de Igrexa. Pola súa banda, extenderase tamén o saneamento aos camiños de Eiras e Soeiro, onde se adecuará a superficie existente actualmente.

“Chandebrito é un lugar que foi re-descuberto pola cidadanía tras a vaga de lumes de 2017 grazas ao traballo conxunto do Concello, comunidade de Montes e de Veciños. Cada fin de semana recibe centos de visitantes que suben ata o Castro e que se quedan impresionados por este núcleo poboaciónal tradicional que, con estas medidas, contribuímos a por en valor”, finaliza González.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas