Felicitación de Nadal do concello de Baiona

Redacción
Lectura mínima de 1

Este ano, o Concello de Baiona ten a honra de compartir con todos os nosos veciños unha felicitación de Nadal moi especial. Trátase dunha obra realizada polo noso veciño de Baíña e artista Brian, quen puxo a súa creatividade e sensibilidade ao servizo destas datas tan sinaladas.

Desde o Concello queremos agradecerlle o seu traballo e aproveitar esta ocasión para desexar a toda a veciñanza un Bo Nadal e un próspero Aninovo 2026, cheo de saúde, ilusión e esperanza.

Comparte este artigo