Home A Coruña As Somozas licita por 70.000 euros a instalación de novos puntos de...

As Somozas licita por 70.000 euros a instalación de novos puntos de iluminación LED na Garita

- Anuncio -

• O proxecto, incluído dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, contempla a mellora da seguridade e eficiencia da rede municipal.

O Concello das Somozas acaba de sacar a licitación o proxecto de renovación do sistema de iluminación con tecnoloxía LED no núcleo da Garita, na parroquia das Somozas, cun orzamento de 57.063 euros.

Esta intervención, incluída dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, contempla a mellora da seguridade e da eficiencia da rede de iluminación municipal. Segundo explicou o alcalde, Juan Alonso Tembrás, posibilitarase un “significativo aforro económico e enerxético coa incorporación desta tecnoloxía, que ademais ofrece unhas condicións de luz de maior calidade”.

A actuación contempla a instalación de 18 puntos de luz para o sistema de iluminación viario coas súas correspondentes columnas, brazos e caixas de derivación, incluído a rede de cables.

Os traballos realizaranse na AC-110, unha vía que se compón de dous carrís de circulación e dúas beirarrúas laterais. O sistema de iluminación proxectado será a tresbolillo, ca execución da posta a terra de toda a instalación.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas