Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao carón do Centro Cultural A Camoesa

- Anuncio -

Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €, sairán a licitación nas vindeiras semanas

Empregarase o terreo do vello campo de fútbol 11 para crear un de 50×30 metros con céspede sintético de última xeración, bandas exteriores e iluminación mediante 8 focos LED

O Concello de Nigrán disporá dun campo de fútbol nos terreos onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa, respondendo así a unha vella demanda da asociación de veciños da parroquia. Con este obxectivo, dispón xa do proxecto aprobado e dun orzamento de 287.646 € a cargo do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra, polo que as obras sairán a licitación nas vindeiras semanas.

“A veciñanza pediunos habilitar un lugar en Camos onde a rapazada poida practicar este deporte e consideramos todos que este é o mellor sitio posible polas súas condicións topográficas e, sobre todo, por ser un centro de reunión xa establecido, por iso temos que agradecer á Comunidade de Montes a cesión do terreo para este fin”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta superficie ao carón do Centro Cultural (rúa dos Pazos, 121) e onde xa existía un campo de fútbol 11 en condicións impracticables desde hai anos.

Así, o proxecto consiste en empregar ese terreo para habilitar coa mesma orientación, e no seu estremo Este, un novo campo de fútbol 7 de 50×30 metros acorde na súa totalidade coa normativa NIDE do Consejo Superior de Deportes, polo que será un campo de fútbol 7 homologado. O terreo de xogo será céspede sintético de última xeración, de 60 mm de espesor, e co mesmo pavimento disporá de bandas exteriores de 1,5 metros e lonxitudinais de 2,5 metros. Esta ubicación do campo de fútbol permite que o espazo de xogo de bolos se manteña na mesma ubicación sen ningún tipo de afección, así coma a pista deportiva valada e o parque infantil (a parcela total onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa é de 12.504 m² e a superficie de actuación aproximada non supera os 3.000 m² ). Ademais, a instalación será iluminada mediante 8 grandes focos de tecnoloxía LED en aras da mellora da eficiencia enerxética.

“O campo de fútbol 7 complementará as instalacións existentes, polo que este lugar vai a ser un polo de atracción tamén para a mocidade da parroquia, un espazo realmente interxeracional dentro do Nigrán para todos que sempre buscamos”, resume o alcalde.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas