Home A Coruña Dúas escape-room polo casco vello de Padrón abrirán o programa especial do...

Dúas escape-room polo casco vello de Padrón abrirán o programa especial do CIM Terras de Iria para conmemorar o 25 de novembro

- Anuncio -

Dúas escape-room chamadas “Rexeita o maltrato” polo casco vello de Padrón abrirán a programación especial do CIM Terras de Iria para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A primeira sesión terá lugar mañá martes 22 de novembro, de 10:30 horas a 12:30 horas, e estará protagonizado polo alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Macías o Namorado.

“Durante os primeiros 20 minutos da actividade, os equipos formados polo alumnado percorrerán as rúas de Padrón na procura de pistas para despois volver á praza de Macías, que é onde se desenvolverá a maior parte da escape room. E o mércores 23 farán o propio os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do IES Camilo José Cela, de 12:30 a 14:30 horas”, explica a concelleira de Igualdade, Lorena Couso.

Actividades abertas ao público xeral

Así mesmo, o Concello de Padrón puxo hoxe a disposición da veciñanza as entradas para os tres espectáculos abertos ao público en xeral incluídos na programación do 25N: o espectáculo de narración oral “Travesías” e as obras de teatro “Bernarda” e “Feminíssimas”. Para acceder a calquera destes tres espectáculos de forma totalmente gratuíta só é preciso recoller a entrada no Centro Social, de 9:00 a 14:00 horas.

Así, o mércores 24 de novembro, ás 18:00 horas, Raquel Queizás porá en escena “Travesías”, un espectáculo de narración oral con monicreques dirixido a un público familiar. O venres 26 de novembro, ás 19:00 horas, Malasombra Teatro porá en escena a obra “Bernarda”, candidata ao mellor espectáculo dos Premios Max 2021. Ao rematar a actuación, ás 20:30 horas, terá lugar o acto institucional do Concello de Padrón con motivo do 25 de novembro, que incluirá a entrega de premios ao alumnado gañador do primeiro certame de debuxos con motivo do día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

A programación especial do CIM Terras de Iria rematará o sábado 27 de novembro, ás 19:00 horas, coa posta en escena de “Feminíssimas”, da compañía Ste Xeito Producións. Unha programación que conta coa colaboración do Concello de Padrón, da Secretaría Xeral de Igualdade, do Ministerio da Igualdade e da Unión Europea.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas