Home A Coruña O programa da Xunta "Música en Salas" organiza 11 directos na Coruña...

O programa da Xunta “Música en Salas” organiza 11 directos na Coruña e Laxe ata mediados de decembro

- Anuncio -

— Miguel Piñeiro Trío protagoniza mañá unha sesión dobre no Jazz Filloa, que xunto á Mardi Gras, acolle a oferta coruñesa para o mes que vén dentro do ciclo promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade xunto coa asociación Clubtura

— A Ventana de Laxe é outro dos 19 espazos galegos nos que se desenvolve esta iniciativa para impulsar a recuperación dos locais de música ao vivo coa organización de 135 concertos

O programa da Xunta Música en salas continúa desenvolvendo a súa carteleira de concertos previa ao Nadal, coa que en decembro ofrecerá 11 concertos no Jazz Filloa e a Mardi Gras da Coruña e na Ventana de Laxe. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-Clubtura, puxo en marcha este novo ciclo a primeiros de novembro para impulsar a recuperación da actividade neste tipo de locais tras as restricións motivadas pola pandemia.

Con tal fin, estanse a desenvolver 135 actuacións en 19 espazos de toda Galicia, das que 64 terán lugar no último mes do ano. No caso da Coruña, a primeira das citas de decembro está programada para mañá na sala Jazz Filloa, onde Miguel Piñeiro Trío ofrecerá unha sesión dobre, ás 22,00 h. e ás 23,00 h. O emblemático local coruñés recibirá tamén o Nacho Pérez Quinteto o día 15 e o Miguel Seoane Trío o día 19.

Pola súa banda, a Mardi Gras despide Música en salas con tres concertos. O martes 7 será a quenda do rock máis clásico da man de Greasy Belly, mentres que o venres 10 o público poderá revivir algunhas das mellores cancións da historia do pop con Le Suite Band. Un dia despois, subirán ao escenario os eclécticos The Soul Jacket, cun repertorio que mestura estilos coma o rhythm & blues, o rock ou a psicodelia.

Cinco citas na Ventana
No Concello de Laxe, A Ventana acollerá cinco concertos de Música en salas entre os días 3 e 18 de decembro. O primeiro deles será o da cantante Sofía Espiñeira, que mestura sonoridades da tradición galega co blues e a bossa nova. A continuación, será a quenda do dúo de música tradicional Caamaño e Ameixeiras (día 10), do multi-instrumentista e compositor Pablo Lesuit (día 11) e das versións “empoderadas” de cancións tradicionais de Las Antonias (día 17). Pechan o programa, o día 18, as cancións pop-folk de Os Peregrinos. Cando remate Música en salas, teranse programado ao abeiro deste ciclo un total de 26 concertos en Coruña e Laxe: 16 na cidade herculina e nove na vila bergantiñá.

O programa completo de Música en salas pode consultarse nas axendas das webs de Cultura de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas