Home Xunta de Galicia A Xunta efectuou a restauración ambiental de 1.166 puntos de vertido incontrolado...

A Xunta efectuou a restauración ambiental de 1.166 puntos de vertido incontrolado nos últimos sete anos grazas a un investimento de máis de 9,2 M€

- Anuncio -

— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda actuou en máis de 150 concellos, grazas ao cal se rexeneraron 79 hectáreas

— Ao longo de 2022 habilitará unha partida de 1,8 millóns de euros co obxectivo principal de analizar as razóns do abandono de residuos e 5 millóns de euros para a recollida a través de puntos verdes fixos e móbiles

— O vindeiro ano tamén se porá o foco no Camiño de Santiago, a través dunha aplicación para que os peregrinos que avisten estes acopios envíen fotos xeolocalizadas á Consellería e esta alerte ás entidades locais

As actuacións de restauración ambiental e paisaxística da Xunta de Galicia, xunto coa concienciación cidadá, permitiron reducir o número anual de puntos de vertido incontrolados (PVI) de residuos dos 300 executados en 2015 aos 52 do actual exercicio, é dicir, un 577% menos en só sete anos.

Se ben a competencia sobre estes puntos corresponde aos concellos, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén asumindo a prestación de apoio ás entidades locais. En concreto, o programa púxose en marcha en 2015 —tras unha experiencia piloto en 2014— e desde entón o número de PVI eliminados situouse nos 1.166 en máis de 150 concellos, para o cal o Goberno galego destinou máis de 9,2 millóns de euros. Grazas a isto, rexeneráronse 79 hectáreas de terreo.

O programa da Consellería ten un dobre obxectivo. En primeiro lugar, recolle, separa, transporta e entrega a un xestor autorizado os residuos abandonados, para a súa reciclaxe e súa conversión nun novo recurso. En segundo lugar, rexenera a zona, asegurando así a conservación da biodiversidade da Comunidade. Deste xeito, evítase tamén a proliferación de novos amoreamentos, ao eliminar o hábito de depositar lixo nestes lugares.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de elaborar un informe sobre a execución destes traballos nos anos 2020 e 2021, onde se sinala que nos dous últimos anos o esforzo da Xunta resultou na restauración de máis de 10 hectáreas de terreo.

Entre as tipoloxías de residuos que foron trasladados a un centro autorizado para a súa correcta xestión destacan case 6.700 m3 de residuos da construción e demolicións, máis de 47 toneladas de plásticos, case 31 toneladas de pneumáticos fóra de uso, preto de 9 toneladas de aparellos electrónicos e eléctricos (RAEE) e 25 quilos de baterías.

O Camiño de Santiago, o foco de 2022
Ao longo de 2022, a Xunta manterá este esforzo, polo que habilita unha partida de 1,8 millóns de euros, pero — tendo en conta a diminución de PVI— neste caso co obxectivo principal de analizar as razóns do abandono de residuos en cada concello e poder así asesoralos sobre futuras solucións de prevención.

Outra das novidades do vindeiro exercicio é que se porá o foco no Camiño de Santiago. Así, a Consellería e os responsables da Ruta Xacobea están a deseñar unha nova utilidade na súa aplicación móbil oficial, co fin de que os peregrinos poidan contribuír á prevención destes acopios.

Grazas a esta ferramenta, os camiñantes poderán enviar de xeito anónimo fotos xeolocalizadas que recibirá a Consellería de Medio Ambiente, a cal comunicará os feitos ao concello para que este proceda á súa eliminación temperá e evitar así que se converta nun punto de vertido.

Así mesmo, como complemento da planificación de restauración ambiental e paisaxística dos PVI, cómpre lembrar que Galicia dispón dunha rede de puntos verdes fixos e móbiles para facilitar o cumprimento das súas competencias en materia de residuos e permitir aos cidadáns depositalos de forma gratuíta segundo a súa tipoloxía, facilitando o seu tratamento e valorización posterior.

Nesta liña, a Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023 prevé axudas a concellos por importe de 5 millóns de euros para instalación destas instalacións fixas e móbiles nas dúas próximas anualidades.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas