Home A Coruña O “Brinca vai!” de Paco Nogueiras dá o pistoletazo de saída ao...

O “Brinca vai!” de Paco Nogueiras dá o pistoletazo de saída ao IV Festival Brión Inclúe, no que participaron 70 veciños e veciñas

- Anuncio -

A programación retomarase esta fin de semana coa estrea do espectáculo Inclucontos e a participación por primeira vez de artistas locais como Ruth Cundíns, Art for Dent e a Escola de Pandeiretas

Máis de setenta veciños e veciñas de Brión asistiron ao espectáculo “Brinca vai!” de Paco Nogueiras, que abriu este ano a programación da cuarta edición do festival Brión Inclúe. Unha actuación que tivo lugar o pasado venres, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das persoas con discapacidade.

O coordinador do festival Brión Inclúe, Fran Rei, e o técnico de Cultura de Brión, Alberto Álvarez, foron os encargados de inaugurar oficialmente o festival, “un evento que naceu hai catro anos cun obxectivo fundamental: normalizar e visibilizar a diversidade funcional como unha parte propia da nosa sociedade. E que mellor forma de facelo que a través dunha programación cultural feita por persoas con distintas capacidades”, destacou Alberto Álvarez. Neste sentido, asegurou que “é un pracer para o Concello de Brión ver como este festival se foi facendo un oco na nosa programación cultural, medrando ano a ano e implicando cada vez máis aos axentes do noso pobo”.

De feito, esta edición caracterízase pola participación de artistas e entidades locais (como Ruth Cundíns, a asociación Art for Dent ou a Escola de Pandereteiras de Brión), así como os catro centros educativos do municipio xa que “acadar a plena integración non é posible sen a educación”, sinala o técnico brionés

Pola súa banda, Fran Rei apuntou que “hoxe, máis que falar, é o momento de sentirse orgullosos deste concello onde temos un festival que rompe fronteiras: as da diversidade. É un festival que pouco a pouco vai terminar sendo un referente nacional. Co voso apoio imos facer que o Brión Inclúe sexa cada ano un pouco máis forte”. Neste punto, asegurou que “o programa é brutal. Hoxe abrimos con Paco Nogueiras pero o próximo venres teremos a estrea mundial do espectáculo Inclucontos, de Pedro Brandariz” e destacou a presenza de artistas locais “un espectáculo de xente de Brión para xente de Brión”.

Programación aberta ao público

Toda a programación terá lugar no centro social polivalente de Brión e a asistencia é de balde, previa reserva de entradas en billeteira.concellodebrion.gal.

Venres 10 de decembro.
11:00 horas. Espectáculo Saabor! De Culturactiva Producións para colectivos de diversidade funcional.
18:00 horas. Estrea do espectáculo Inclucontos, de Pedro Brandariz. Coprodución do Festival Brión Inclúe.
19:00 horas. Encontro con Nati Villar, Premio Max de las Artes Escénicas de Carácter Social 2020.

Sábado 11 de decembro.
20:00 horas. Espectáculo El Triciclo, de la Escuela Municipal de Teatro Ricardo Iniesta de Úbeda (Jaén).
21:00 horas. DJ Inclusivo Montxo 6. Sesión de funky, pop e disco.

Domingo 12 de decembro.
12:00 horas. Sesión vermú dinamizada por Pedro Brandariz, coa actuación de Ruth Cundíns, Chungo Pastel e a Escola de Pandeireta de Brión.
Presentación Mari Bárbola de Art for Dent. Proxecto mural.

Brión Inclúe está organizado polo Concello de Brión, xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionado pola Deputación da Coruña, cofinanciado por Gadis e Froiz e conta coa colaboración de Hotel Balneario Compostela e Restaurante Kratos.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas