Home A Coruña O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública,...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras viarias e unha senda desde Cuíña

- Anuncio -

• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime Ponce

A nova titular da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue, recibiu onte en Santiago de Compostela ao alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e ao edil de Urbanimos, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime Ponce. A reunión de traballo serviu para que os representantes do goberno local puxesen sobre a mesa catro proxectos para mellorar os servizos e infraestruturas do municipio ortigueirés.

Por unha banda, Concello e Consellería trataron a posta en marcha de vivendas de protección pública no municipio. Ditas residencias desenvolveríanse no espazo que hoxe ocupan dous dos tres bloques das vivendas dos mestres. Un deles xa está derruido e no solar exponse construír unha nova edificación de protección oficial, destinada a unidades familiares de rendas máis baixas.
A maiores, preténdese rehabilitar un segundo bloque, actualmente deshabitado, para darlle o mesmo uso. Aínda que antes, o Concello deberá pechar un convenio co Ministerio de Educación.
Doutra banda, o rexedor e o edil responsable de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural recalcaron a necesidade de mellorar a seguridade viaria na recta da Venda, unha viaria clave sobre todo durante o Festival de Ortigueira, xa que conecta cos aparcamentos habilitados. Neste sentido, a intención é dotar ambas as marxes da estrada de beirarrúas ao longo duns 400 metros para facela máis segura.
A maiores, o Concello tamén expuxo a necesidade de mellorar as condicións da vía AC-101 que conecta Ortigueira coas Pontes. A actuación pasaría por reformular o vial engadindo algún carril de adiantamento e potenciando a súa seguridade. “O obxectivo é conectar de mellor maneira o noso polígono industrial coa autovía que enlaza nas Pontes”, apunta o alcalde.

Por último, o primeiro edil e o responsable de Urbanismo estudaron coa conselleira a posta en marcha dunha senda peonil para unir Cuíña e o núcleo urbano de Ortigueira. O novo camiño iría desde o Hotel Casa Xiz ata a gasolineira. É dicir, tería unha lonxitude de algo máis de 1.000 metros e ademais de dotar de potenciar o embelecemento costeiro, permitiría desenvolver un sistema de saneamento que minimice as verteduras á ría.
“É de agradecer a predisposición da Xunta de Galicia non só para escoitar as propostas e necesidades de Ortigueira, senón para poñer en marcha moitos proxectos. Como institución local é a nosa obrigación traballar para maximizar os recursos propios, pero sobre todo ir buscar financiamiento a outras administracións, sexan da cor política que sexan. Iso debe darnos igual”, destacou o rexedor, Valentín Calvín, ao termo do encontro.

Relacionadas

España lidera a participación mundial no festival de divulgación científica Pint of Science, con...

0
• O festival internacional de divulgación científica celebrarase os días 13, 14 e 15 de maio en toda España, con entrada gratuíta • En Carballo,...

O Partido Popular de Sada esixe ao alcalde “reaccionar” ante a falta de seguridade...

0
O Partido Popular de Sada insta unha vez máis ao alcalde para “reaccionar “ #ante a inseguridade no municipio alimentada pola limitación de medios...

Muxía, Vimianzo e Camariñas presentan o quinto obradoiro dual ‘Camiño ao Emprego’ 2023/2024

0
Nesta edición haberá dúas especialidades: limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e operacións auxiliares de revestimentos continuos e construción Desde o pasado mes de...

A Policía Local imparte xornadas de seguridade viaria na que participan maís de 800...

0
Os nenos reciben formación sobre sinalización viaria, realizan os circuítos e coñecen os vehículos e material a disposición dos efectivos da Policía Local. Os máis...

Carral prepárase para unha fin de semana con moita miga da man da súa...

0
· O Concello acolleu, esta mañá, a presentación oficial da cita, que se celebrará o sábado, 11 de maio, e o domingo, día 12. Carral...

O Eixo Atlántico impulsa desde Carballo a participación das súas cidades nas Estratexias Territoriais...

0
15 dos 20 concellos galegos que forman parte da entidade transfronteiriza participaron nunha xornada informativa no Fórum 15 dos 20 concellos galegos que forman parte...

Publicacións Relacionadas