Home A Coruña O circuíto de carreiras populares Coruña Corre volve ás rúas da cidade...

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre volve ás rúas da cidade no 2022 trala paréntese da pandemia

- Anuncio -

A primeira das carreiras terá lugar o vindeiro 23 de xaneiro en Matogrande

O Concello recupera para o ano 2022 o calendario de carreiras populares que quedou en suspenso durante os últimos dous anos por mor da pandemia. O circuíto Coruña Corre volve figurar na axenda municipal de actividades deportivas para o vindeiro ano. “Coruña Corre é unha das actividades programadas máis relevantes do ano, con milleiros de participantes en cada edición. Tiñamos moitas ganas de retomar as carreiras populares e por fin podemos volver a elas”, indicou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Martínez explicou que a volta do circuíto de carreiras populares era unha prioridade para o Concello. “O fomento do deporte popular é unha prioridade para o Goberno de Inés Rey e Coruña Corre é unha das actividades máis valoradas polos e polas deportistas que toman parte nela”, indicou Martínez.

O programa chega no 2022 á súa novena edición. O prazo de inscrición abrirá nos vindeiros días trala publicación das bases na páxina web do Concello da Coruña.

A cota de inscrición para as oito carreiras será de 12 euros, cantidade que se reduce aos 7 euros para persoas que teñan o Carné Xove, xubilados e persoas en situación de desemprego. Quen desexe participar en carreiras illadas, non en todo o circuíto, terá que aboar unha cota de 3 euros por carreira, cantidade que queda en 2 euros nos casos anteriormente citados.

A primeira das citas deportivas terá lugar o vindeiro 23 de xaneiro en Matogrande. Agás no verán, haberá carreiras na cidade durante o resto dos meses do ano. O circuíto Coruña Corre completa a oferta de grandes citas co atletismo de fondo organizadas polo Concello: a C21 (o 13 de febreiro), a C10 (o 24 de abril) e a Maratón Atlántica e C10 (o 2 de outubro).

Este é o calendario previsto para o circuíto Coruña Corre:
● VI Carreira Popular de Matogrande (23 de xaneiro).
● X Carreira Popular Torre de Hércules #Querémonos vivas (26 de marzo).
● XIII Baixada Popular Cross San Pedro de Visma (8 de maio).
● IX Carreira Popular Os Rosales (22 de maio).
● IX Carreira Popular Volta a Oza (11 de setembro).
● VIII Carreira Popular Ventorrillo (23 de outubro).
● X Carreira Popular Novo Mesoiro (27 de novembro).
O circuíto Coruña Corre finalizará coa celebración, o 15 de decembro, da gala anual coa correspondente entrega de premios.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas