Home Pontevedra Baixo Miño Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos” na Biblioteca Municipal

- Anuncio -
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño

Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o vindeiro 8 de xuño a exposición itinerante “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos”. Esta mostra pódese visitar na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio “Francisco Sánchez”).

O obxectivo da exposición é promocionar a literatura dos xéneros fantásticos (fantasía, terror,  ciencia ficción) entre o público lector que non  adoita achegarse a estes xéneros`. Relaciona dez obras clásicas, sobradamente  coñecidas e escollidas polo seu compoñente fantástico, con dous libros menos  populares entre o público xeral, pero moi apreciados polos afeccionados á esta literatura de xénero.

A exposición foi cofinanciada pola asociación Pórtico (Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción y Terror) e a fundación Marli Brosgen. Está comisariada por Laura Soriano (deseño e ilustracións), Rodolfo Martínez (selección de obras), Consuelo Abellán e Juan Manuel Santiago (selección de obras e redacción dos textos).

Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, esta exposición itinerante pretende aproximar ao lectores e aos interesados pola lectura a un xénero literario baseado na fantasía e que vai máis aló dos relatos de ciencia ficción ou os dragóns, e que nos achega a obras clásicas da literatura cheas de mundos incribles. Unha acción para o fomento da lectura entre a veciñanza tudense como as outras doce actividades que completan o programa “Tui en Letras 2024”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas