Home Deputacións Deputación Pontevedra SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

- Anuncio -

Ata o 10 de decembro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre SEO e Google Adwords e Comercialización en liña

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a iniciación ao SEO II, a Introdución a Google Adwords e a Comercialización en liña de experiencias gastronómicas.

O xoves 9 impartirase o obradoiro “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”, de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, que falará dos factores externos que poden afectar a nosa web e que inflúen no noso posicionamento, amais de sacarlle rentabilidade á utilización do SEO.

Pola tarde, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, impartirá “Introdución a Google Adwords”, onde amosará os conceptos básicos de Google Ads, navegar pola interface da ferramenta ou como crear unha primeira campaña.

Para finalizar a semana, o venres 10, será a quenda de “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas”, a cargo de Sonia Torres, Técnico de Empresas e Actividades Turísticas. Nesta ocasión falará da gran maridaxe que supón a utilización da gastronomía como reclamo turístico e de como Internet nos pode valer como ferramenta para a súa explotación

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas