Home Pontevedra O Concello reunirase coa veciñanza de Marcón que reclama a demolición dun...

O Concello reunirase coa veciñanza de Marcón que reclama a demolición dun desguace ilegal en Vilafranca

- Anuncio -

‣ Os veciños e veciñas veñen de denunciar á APLU no Contencioso por non ter aplicado as retiradas sentenzas que obrigan a demoler a obra ilegal.

O concelleiro responsable da parroquia de Marcón, Alberto Oubiña reunirase esta semana cos veciños e veciñas de Marcón en sinal de apoio á súa loita contra un desguace ilegal situado no lugar de Vilafranca. Os veciños veñen de informar ao Concello que denunciaron á APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia) no Xulgado Contencioso de Pontevedra que a día de hoxe non executou a demolición do nomeado lugar, a pesar de ter sentenzas que obrigan á demolición.

Este desguace de Marcón é un asunto dilatado no tempo, que ten os seus inicios no ano 2004. A obra foi paralizada hai dezasete anos, sendo no 2006 a propia Xunta a que declarou ilegal a obra e instara aos promotores a restituír os terreos.

O lugar segue a estar na mesma situación logo de varios anos e reiteradas chamadas de atención por parte do Concello de Pontevedra, lembrándolle a Xunta de Galicia que é preciso aplicar ou executar as sentenzas correspondentes e devolver os terreos ao estado anterior, tal e como xa fora solicitado en setembro do ano pasado. Este mesmo ano, 2021, o Concello volveu instar á Xunta a que derrubase e mantivese o control deste asunto e que tomase as decisións pertinentes para derrubar as obras feitas ilegalmente hai xa máis dunha década.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas