Home O Morrazo Cangas Familias en vulnerabilidade que terán a reducción do 100% na taxa do...

Familias en vulnerabilidade que terán a reducción do 100% na taxa do lixo

- Anuncio -

Desde o Concello de Cangas seguen traballando para axudar as familias en vulnerabilidade

Acollendose a reducción da taxa da recollida de lixo na Mancomunidade.
Desde a Alcaldia do Concello de Cangas trasladan a PROPOSTA DE APROBACIÓN DA REDUCIÓN DO CEN POR CEN DA TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO – DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO – PARA OS SUXEITOS PASIVOS QUE SE ATOPEN EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL
María Victoria Portas Mariño, Alcaldesa do Concello de Cangas propón a Xunta de Goberno Local a aprobación dunha redución do cen por cen nas taxas pola recollida de lixo de vivenda das seguintes persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade económica acreditada e con informe favorable dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello.

O total de familias en vulnerabilidade foron 22 familias.

Ordenanzas e Regulamentos APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL DA TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO ANUNCIO APROBACIÓN DEFINITIVA E TEXTO ÍNTEGRO DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ACTIVIDADES E SERVICIOS RELACIONADOS COA HIXIENE URBANA
Primeiro: Engadir unha disposición adicional na Ordenanza Fiscal que diga: Non pagarán as taxas de vivenda reguladas na presente Ordenanza os suxeitos pasivos que se atopen en situación de emerxencia social, previamente acreditada ante os Servizos Sociais dos Concellos (coa documentación que sexa requirida polos mesmos) e informe favorable daqueles. Tamén gozarán de dita exención aqueles titulares de vivenda que acrediten que esta ocupada por arrendatarios ou cesionarios por calquera título que están na devandita situación de emerxencia social. Esta redución terá carácter anual é poderá ser rogada ou concedida de oficio mediante solicitude dos servicios sociais. Os Concellos trasladarán antes do 1 de decembro do ano anterior, resolución do órgano competente a Mancomunidade que a enviará ao servicio de xestión tributaria da entidade.
(BOP Venres, 27 de novembro de 2020, número: 230 )

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas