Home Pontevedra Barro O concelleiro de Barro, Iván Bello, elexido por unanimidade novo Responsábel Comarcal...

O concelleiro de Barro, Iván Bello, elexido por unanimidade novo Responsábel Comarcal do BNG

- Anuncio -

Configurar candidaturas gañadoras con proxectos propios para cada Concello e aupar a Ana Pontón como próxima Presidenta da Xunta de Galiza obxectivos do novo Consello Comarcal

O BNG deu a coñecer a configuración do novo Consello Comarcal, encabezado polo que foi responsábel Local de Barro e actual concelleiro de Obras e Servizos, Deporte e Medio Rural nese Concello, Iván Bello Ferreiro, que foi elexido unanimemente pola militancia nacionalista.

Bello, que comezou a súa intervención agradecendo o traballo levado a cabo pola dirección saínte, encabezada por Demetrio Gómez, afirmou que “collemos o testemuño da anterior dirección e continuaremos, con enerxías renovadas,a súa mesma liña de traballo”,

O novo responsábel salientou os dous obxectivos fundamentais que se marca o novo Consello Comarcal: “presentar nas viundeiras eleccións municipais candidaturas en todas as localidades da comarca, que conten cun proxecto propio e que saian a por todas; e traballar arreo para facer de Ana Pontón a vindeira Presidenta da Xunta de Galiza.

Iván Bello salientou que o Consello Comarcal, composto por 35 persoas, renovouse en case o 50%, e que hai un número significativo de persoas, entre as que se inclúe, con menos de 30 anos.

O novo Responsábel Comarcal fixo fincapé en que a nova Dirección conxuga xuventude con experiencia e que “é unha honra para min estar acompañado polos tres alcaldes da comarca, por 19 concelleiros e concelleiras, o Vicepresidente da Deputación; dous deputados galegos; catro persoas da Executiva Nacional do BNG, persoas do mundo sindical e persoas que son referentes do BNG nas súas localidades”.

Bello puxo en valor que o BNG goberna xa sobre perto do 60% da poboación da comarca e que “aspiramos a mellorar aínda máis os nosos resultados coa configuración de candidaturas con proxectos propios para cada concello e que saian co obxectivo de gañar en cada unha das localidades”.

O Consello Comarcal eleito pola Asemblea Comarcal completarase coas persoas que sexan designadas responsábeis locais,m así como polo Responsábel Comarcal de Galiza Nova

CONSELLO COMARCAL DO BNG

Iván Bello Ferreiro. Concelleiro en Barro RESPONSÁBEL COMARCAL
Ana Peralba Lourenzo. Pontevedra VICE-RESPONSÁBEL COMARCAL
Demetrio Gómez Xunqueira. Concelleiro en Pontevedra
Marga Caldas Moreira. Concelleira e portavoz do BNG en Poio
Manuel Fariña Souto. Concelleiro e portavoz do BNG en Caldas
Anabel Gulías Torreiro. Concelleira e portavoz do goberno municipal de Pontevedra
Manuel Lourenzo Sobral Membro da Executiva Nacional, deputado no Parlamento galego e Portavoz municipal en Soutomaior
Marta Ferreiro Fernández. Sindicalista da CIG. Poio
César Mosquera Lourenzo. Vicepresidente da Deputación e concelleiro en Pontevedra
Eva Vilaverde Pego. Membro da Executiva Nacional e concelleira en Pontevedra
Pablo Garrido Orge. Concelleiro en Soutomaior
Lucía García Sanmartín. Galiza Nova Cerdedo-Cotobade
Luís Bará Torres. Membro da Executiva Nacional e deputado no Parlamento Galego Pontevedra
Carme da Silva Méndez. Membro da Executiva Nacional e concelleira en Pontevedra
Adrián Silva Magdalena. Concelleiro en Barro
Dores Chedas Hervés. Cuntis
Diego Moreira Álvarez. Concelleiro en Soutomaior
Sabela Bará Louro. Pontevedra
Marcos Suárez Redondo. Concelleiro e portavoz en Moraña
Raquel Rodríguez Alonso. Concelleira en Poio
Xabier Lorenzo Campos. Concelleiro en Ponte Caldelas
Mª Teresa Tocino Barreiro. Pontecesures
Luciano Sobral Fernández. Alcalde de Poio
Diana Rodríguez Regueira. Secretaria de Formación Sindical e para o emprego da Executiva da CIG. Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
Sol Seoane Ventín. Concelleira e portavoz en Ponte Caldelas
Xosé Manuel Fernández Abraldes. Alcalde de Barro
Sonia Gulías Torreiro.A Lama
Xaquín Soliño Martínez. Pontevedra
Mariña Búa González. Concelleira en Moraña
Arturo Fontán Pérez. Concelleiro e portavoz en Portas
Andrea Ferrer Muñiz. Galiza Nova Poio
Joám Romero Durán. Cerdedo-Cotobade
Ángela Aboy Campañó. Galiza Nova Barro
Ernesto Filgueira Touriño. Concelleiro e portavoz en Cerdedo-Cotobade

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas