Home Pontevedra A Paradanta Arbo pon en marcha o concurso de carteis para a LXII Festa...

Arbo pon en marcha o concurso de carteis para a LXII Festa da Lamprea

- Anuncio -

• O Concello de Arbo, convoca un ano máis o concurso de Carteis do que saldrá o Cartel anunciador da LXII Festa dá Lamprea, que espera celebrar a súa sesenta e duas edicións os días 22, 23 e 24 de abril de 2022

• No ano 2021 o cartel anunciador foi dun artista navarro que se impuxo ante máis de trinta propostas provenientes de toda España. O segundo premio foise para Sevilla.

O Concello de Arbo convoca, un ano máis, o concurso de carteis con motivo da celebración da LXII Festa da Lamprea que se atopa prevista para os días 22, 23 e 24 de abril do ano 2022, sen prexuízo das posibles variacións derivadas das limitacións ou medidas derivadas da pandemia e decretadas polas autoridades competentes.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a LXII Festa da Lamprea, promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio. Poderán participar no concurso todo aquel que queira facelo. O prazo para presentar as propostas finalizará o día 17 de xaneiro do 2022.

As propostas serán entregadas en soporte físico (papel, tea, cartón…) nun tamaño mínimo A3, así como en soporte dixital a máxima resolución. Cada participante poderá presentar como máximo dous carteis por participante.

Como cada ano, nos carteis, deberán incluírse de maneira correcta as datas da festa, as letras e a edición da festa, correspondentes ao ano 2022: LXII Festa dá Lamprea (22, 23 e 24 de 2022). Un erro nalgúns destes aspectos determinará a exclusión do cartel. Os materiais son de libre elección, poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas ou mesmo en colaxe. Iso si, deberán enviarse ben protexidas para protexer a súa conservación.

Establécense interesantes premios para os gañadores: un primeiro premio de 800 euros para o vencedor, 400 euros para o segundo e 200 euros para os terceiros premios. Continuando coa tradición, os premios serán entregados na Gala da Lamprea, que terá lugar durante a celebración da festa do próximo ano. É condición indispensable que os gañadores estean presentes no acto para recoller o premio.

Segundo manifesta o Alcalde de Arbo, Horacio Gil, con este concurso preténdese “promocionar e promover a nosa Festa dá Lamprea, por algo se nos coñece como a Capital da Lamprea, e por que, desde hai 62 anos, celebramos esta festa culinaria, a máis antiga de Galicia”- a evidencia é que no ano 2021 o cartel anunciador foi dun artista navarro que se impuxo ante máis de trinta propostas de provenientes de toda España. O segundo premio foise para Sevilla.

“En edicións anteriores deste certame recibimos propostas provenientes desde toda a xeografía española. É un certame que ano tras ano se converteu nun referente do mesmo xeito que a nosa festa”, finalizou o alcalde.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas