Home A Coruña A Xunta activa o luns o reforzo das conexións de autobús entre...

A Xunta activa o luns o reforzo das conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol, que suporá 55 servizos directos máis a semana

- Anuncio -

― Aumentarán 11 expedicións por autoestrada cada día de luns a venres, un incremento de máis do 35%, nas franxas horarias de primeira hora da mañá e da tarde

― Reforzarase a oferta de servizos ao CHUAC, con 6 novas expedicións directas que incorporan parada no hospital, e tamén aos campus universitarios

― A conexión entre A Coruña e Betanzos disporá de máis servizos por autoestrada, algúns dos que realizarán o treito entre Ferrol e Betanzos por estrada

― Esta reestruturación, para dar resposta ao incremento de mobilidade rexistrado desde setembro, efectuouse a partir da análise da demanda e dos datos de 1.600 enquisas aos usuarios

A Xunta activa este luns o reforzo das conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol, o que suporá a implantación de 55 servizos directos máis á semana.

A nova oferta potencia os servizos directos entre as cidades, con 55 expedicións por autoestrada máis cada semana, 11 ao día de luns a venres, o que supón un incremento superior ao 35% destes servizos.

As solucións consisten na atención da demanda específica das franxas horarias da primeira hora da mañá e da primeira hora da tarde, condicionadas polos desprazamentos por motivos de traballo e estudos entre as dúas cidades.

A este respecto, dos 11 servizos por autoestrada que se engadirán cada día, 8 funcionarán nas horas punta. O incremento da oferta permitirá aos usuarios dispoñer de autobuses directos con horas de saída que chegan a estar separadas por só 30 minutos.

Os axustes nas rutas de entrada e saída da Coruña permiten mellorar a atención de puntos de atracción de demanda significativos, como o CHUAC e os campus universitarios na Coruña. O hospital gaña 6 novas expedicións directas ao día, mentres os campus terán un servizo que minimiza o impacto do desvío para o resto de usuarios.

Ademais, nas horas punta substitúense expedicións por estrada entre as dúas cidades por servizos por autoestrada entre A Coruña e Betanzos, mentres outros se transforman en semi-directos, realizando o treito entre Betanzos e Ferrol por estrada.

Estas melloras responden á necesidade de adecuar os servizos ao incremento da demanda na conexión entre Ferrol e A Coruña que se produciu desde mediados de setembro.

A pesar de que os concellos non realizaron achegas concretas á reestruturación das liñas, xa que as súas propostas se centraron unicamente no seu ámbito territorial máis próximo, a análise dos datos de demanda e as máis de 1.600 enquisas realizadas a bordo permitiron coñecer con maior precisión as necesidades dos usuarios

No seguinte enlace pódese ampliar a información relativa aos novos horarios deste reforzo dos servizos de autobús: http://xurl.es/s97pf

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Publicacións Relacionadas