Home A Coruña As esculturas metálicas de Manuel Ángel Méndez estrean o ano expositivo no...

As esculturas metálicas de Manuel Ángel Méndez estrean o ano expositivo no Concello de San Sadurniño

- Anuncio -

A exposición “Medrando no rural” que puido visitarse na Galería do Concello desde o mes de novembro acaba de cederlle o sitio a unha nova mostra, totalmente distinta por técnica e concepto. Desde hai escasos días -e ata fin de mes- está instalada no espazo a colección “Quitándolle ferro á cousa”, composta por varias pezas saídas da mente e da habilidade cos metais de Manuel Ángel Méndez. Trátase dunha proposta artística presidida polo humor e, nalgúns casos, tamén por mensaxes que instan a reflexionar cun sorriso sobre a vida e como afrontamos o noso día a día.

Son figuras abraiantes feitas con ferros cortados, dobrados, amartelados e soldados que se combinan ás veces con outros materiais, sobre todo a madeira. Todas elas mostran situacións cun toque de humor retranqueiro propio do carácter do autor, quen convida a pasar un momento agradable vendo os seus traballos.

A colección é ben variada en canto aos temas que reflicte e mesmo podería definirse como un conxunto de composicións individuais que gardan certo paralelismo coas viñetas que ilustran as primeiras páxinas dos xornais -véxase O Bichero de Luis Davila ou O Lecer de Isolino de Xaquín Marín- por aquilo de darlle unha volta a escenas da vida con humor e/ou sátira.

Neste sentido, “Quitándolle ferro á cousa” pretende, en palabras do autor, que quen visite a exposición “bote unhas risas con situacións que en realidade son moi serias. Os galegos somos así, quitámoslle ferro a todo e tiramos para adiante”.

A exposición permanecerá na galería municipal ata finais deste mes de xaneiro. Pode percorrerse nos horarios de atención ao público das oficinas, de 8:30 a 14:30h de luns a venres.

Con ela iníciase o calendario de mostras deste 2022 e, ao tempo, péchase o de 2021. No ano que acaba de rematar o Concello programou ata sete exposicións neste espazo.

Foron “Segunda face” -centrada en obras que utilizaron como lenzo máscaras respiratorias-; os paneis sobre a vida e traxectoria cultural de Carvalho Calero; os “Sentires recortables” de Tamara Painceira; as fotografías de “Pegadas dun pasado – As escolas” repasando setenta anos de ensino local; as instantáneas do fotoxornalista Xosé Castro Pepucho e do seu mestre, Alberto Martí, reunidas en “Paseando polos anos 60”; a mostra artística “De mil cores”, montada pola rapazada que participa nos cursos de debuxo e pintura da Asociación Cultural Brío e, por último, o “Medrando no rural” de Paula Aneiros.

A elas cómpre engadirlles as que houbo nos xardíns sobre Xela Arias -homenaxeada polo 17 de maio- e, xa en setembro, “Nós somos elas”, traída pola Área de Igualdade da Deputación.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas