Home A Coruña Retómanse en Bardaos os traballos de mellora da seguridade da pista que...

Retómanse en Bardaos os traballos de mellora da seguridade da pista que enlaza os lugares da Sanguiñeira e a Torre

- Anuncio -

O Concello de San Sadurniño investirá na obra algo máis de 47.000 euros financiados con cargo ao POS+

Durante o Nadal a obra pública adoita deterse, dado que as empresas do sector encadean nesas datas varios festivos recollidos no seu convenio laboral. Esta circunstancia provocou que se interrompesen as obras de mellora da seguridade viaria no tramo de estrada que enlaza o lugar da Sanguiñeira co da Torre, en Bardaos, onde o Concello está executando un proxecto que dotará ese percorrido con novo firme aglomerado, un ancho maior e unha nova senda peonil. O investimento, financiado con cargo ao POS+ provincial, ascende a 47.190 €, IVE incluído, e a empresa adxudicataria -José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A.- retomou hoxe mesmo os traballos iniciados antes das festas.

A obra que se está levando adiante en Bardaos ten como finalidade anchear a pista, renovarlle o firme á calzada e habilitar unha senda peonil pola marxe dereita ao longo dunha distancia de 455 metros.

A parte máis complexa é a referida á senda, xa que ademais de preparar o terreo antes de cubrilo con formigón armado -levará 1 metro de ancho en todo o percorrido- fixo falla instalar case 300 metros de canalizacións soterradas para a drenaxe da auga da chuvia.

A formación da base e a colocación das tubaxes quedaron listas antes do Nadal, razón pola que os labores reiniciados esta mañá se centrarán nos próximos días na construción do camiño para viandantes propiamente dito, xunto cuns 20 metros de muro de protección situado no punto en que o regato que pasa pola zona pode ter maior incidencia a longo prazo sobre a cimentación da pista.

Logo tocaralle á estrada, á que se lle dará un metro máis de largura, pasando dos 3,5 actuais a 4,5 metros, de modo que o actual eixo -pista e senda- chegará aos 5,5 metros de ancho, os mesmos que ten agora se contamos a cuneta de terra, coa diferenza de que o resultado final irá todo pavimentado.

A última parte do traballo consistirá no estendido dunha capa de mestura bituminosa de 4 cm de grosor que lle engada á vía maior resistencia e unha superficie perfectamente regular que, ademais, coincide coa do eixo AC-862 – A Cruz da Raíña co que enlaza na Sanguiñeira.

A obra licitouse a comezos do verán nun prezo de 59.832,01 euros e incluiuse no paquete de proxectos municipais acollidos ao POS+ 2021 da Deputación da Coruña. José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A. fíxose co contrato cunha oferta de 47.190 euros e un prazo de execución máximo de 4 meses.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas