Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán habilitará as praias de Portocelo e do canto...

O concello de Nigrán habilitará as praias de Portocelo e do canto como espazos permitidos para cans durante todo o ano

- Anuncio -

O goberno local considera preciso modificar a ordeanza municipal para introducir esta modificación, asi como deixar explícitamente recollido o pleno dereito do can-guía a acompañar sempre ao seu dono e sen limitación algunha

Igualmente, o Concello agravará as sancións por non recoller os excrementos nas praias pasando de infracción leve a grave, o que poder acarrexar unha multa de ata 300 €

“A ordeanza aprobada no ano 2016 precisaba ser actualizada para cumprir con esta vella demanda dos propietarios de cans”, explica o alcalde, Juan González

O goberno local de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 31 de xaneiro unha modificación de Ordeanza Municipal de Convivencia Cidadá e de Ornato Público para permitir que os cans acudan durante todo o ano ás praias de Portocelo (Panxón-Monteferro) e Os Cantos (Lourido). Con estas dúas excepcións, mantense igual a autorización de que os animais acudan a calquera outro areal do municipio agás no periodo do 1 de xuño ao 30 de setembro.

“A ordeanza aprobada no ano 2016 precisaba ser actualizada para cumprir con esta vella demanda dos propietarios de cans, que viñan reclamando desde hai tempo contar cunha praia dispoñible para as súas mascotas tamén durante a tempada estival, somos sensibles á demanda e por iso tomamos esta decisión”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca a conveniencia destes dous areais “por estaren pouco urbanizados, sen afluencia masiva de persoas, en situacións xeográficas opostas, con rochedos que estimulan o xogo e por contar cunhas dimensións reducidas que facilitan o control dos cans por parte dos seus donos”.

Aparellada a esta necesidade de modificar a ordeanza neste aspecto, o goberno local tamén considera preciso reforzar a obrigatoriedade de recoller os excrementos dos animais en todas as praias do municipio por ser, precisamente, lugares de convivencia de familias a onde se levan moitos animais. Así, propón como cambio que a sanción pase de ser contemplada leve a grave, o que na práctica supón unha multa que oscilaría entre os 101 € e 300 € fronte ao máximo de 100 € actuais. “Ter unha mascota implica uns dereitos pero tamén unhas obrigas moi claras, resulta absolutamente incívico non recoller os excrementos, máximo en areais que son visitados por moita poboación, neste sentido temos claro que non se pode ser transixir e que hai que equiparar a multa á gravidade do comportamento que representa”, sinala o alcalde.

Igualmente, a ordeanza será modificada para que inclúa expresamente redactado o permiso de circulación e estadía de cans-guía de invidentes e de persoas con discapacidade, que non terán ningún tipo de limitación para acompañar ao seu dono. “Era algo que non estaba recollido e que desde a nosa política ‘Un Nigrán para todos’ o considerábamos fundamental, tiña que actualizarse neste sentido porque foi un aspecto que non se contemplou no seu momento. Na práctica as persoas cegas ou con deficiencia visual usuarias de can-guía teñen recoñecido legalmente, en toda España, o dereito de acceder, acompañadas do mesmo, a todos os lugares, espazos, establecementos e transportes públicos ou de uso público, no caso de Nigrán incorporamos a ademais persoas con calquera tipo de discapacidade”, subliña.

Finalmente, e tamén neste apartado correspondente aos animais, o goberno local considera preciso que a ordeanza sexa actualizada para permitir a presenza de cans e cabalos en competicións, exhibicións ou mostras que conten co correspondente título habilitante. “É de sentido común, neste caso actualízase para que non existan discrepancias entre o que se autoriza e a prohibición absoluta da ordeanza”.

“Cremos que estas actualizacións da lexislación municipal con respecto aos animais fan de Nigrán un municipio máis amigable, cívico e comprometido coa súa contorna”, finaliza o rexedor.

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Publicacións Relacionadas