Home A Coruña A Policía Autonómica e axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais...

A Policía Autonómica e axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais esclarecen un incendio no concello de Carnota

- Anuncio -

— Trátase da segunda persoa investigada este ano pola Policía Autonómica como presunta autora dun incendio forestal

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente da Consellería do Medio Rural, esclareceu un incendio forestal no concello coruñés de Carnota.

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica con sede en Santiago esclareceron un lume ocorrido o pasado 22 de xaneiro na parroquia do Pindo (San Clemente), no que se viron afectados 6.000 metros cadrados de superficie rasa.

Froito da investigación, os axentes identificaron a unha persoa como presunta autora do incendio debido a unha posible neglixencia á hora de realizar unha queima de restos forestais sen autorización. As rachas de vento fixeron que o lume prendera na vexetación próxima o que deu lugar ao inicio do incendio. O investigado recoñeceu os feitos e admitiu que non foi capaz de sufocar as lapas.

As dilixencias por estes feitos remitíronse ao xulgado de garda de Muros.

Trátase da segunda persoa investigada este ano pola Policía Autonómica como presunta autora dun incendio forestal.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas