Home A Coruña O Pleno de Brión aproba por unanimidade o POS+ 2022, que destina...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o POS+ 2022, que destina 150.000 euros a reforzo do firme de estradas municipais

- Anuncio -

O Plan Complementario dedicarase á mellora dos accesos ás localidades de Babenzo (Bastavales) e Gosende (Os Ánxeles)

O Pleno de Brión, reunido en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade e sen debate a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos POS+2022 da Deputación da Coruña, que ascende a 426.102,08 euros. Desta cantidade, os 202.293,97 euros da Achega 2022 será destinado a gasto corrente mentres co resto será investido en obras de reforzo do firme de varias estradas municipais.

O Concello de Brión achegará 15.390 euros á Achega 2021 da Deputación (137.833,18 euros) para acometer un proxecto de reforzo do firme nos accesos a Guitiande e no viario da contorna da Urbanización do Balneario do Tremo, ambas actuacións na parroquia dos Ánxeles e dende a AC-543 Santiago-Noia. Así mesmo, reforzarase o firme dos viarios da aldea de Vioxo de Arriba, na parroquia da Luaña. En total, as tres melloras suman 8.700 metros cadrados. Así mesmo, o Pleno aprobou un Plan Complementario de 404.497,22 euros que contempla a mellora do viario de acceso a Babenzo (Bastavales) e a mellora do acceso a Gosende (Os Ánxeles).

O Pleno tamén aprobou por unanimidade o POS+Adicional para Gastos Sociais, que ascende a 70.802,88 euros. Unha achega que será investida na ampliación das axudas á emerxencia social, ampliación do persoal de Servizos Sociais e reforzo das axudas ao respiro familiar e conciliación. Finalmente, o Pleno ratificou a adhesión do Concello de Brión ao convenio entre a Xunta, a Fegamp e as Deputacións de A Coruña e Lugo para atención de emerxencias, prevención e defensa contra os lumes forestais e desenvolvemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. O acordo é por un ano, entrando en vigor o 1 de xaneiro de 2022.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas