Home Vigo Mos O Celta feminino terá identidade mosense

O Celta feminino terá identidade mosense

- Anuncio -

A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste

A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi a gran nova que se deu na Asamblea do equipo mosense celebrada esta tarde no Campo de Fútbol das Baloutas.

Con esta noticia histórica para o Celta e para Mos nace a colaboración entre o clube celeste e a UD Mos. Colaboración que fai historia para ambos, pois o RC Celta pon en marcha o proxecto que o completa: o fútbol feminino, e para o clube mosense suporá que a canteira do Celta Feminino estea nas Baloutas.

A creación do Celta Feminino é un nacemento longamente esperado para o clube celeste. E agora RC Celta e Unión Deportiva Mos suman as súas forzas para lanzar un proxecto diferente e ilusionante, sostible e con identidade propia, que permitirá que o clube celeste enriqueza a súa canteira, o seu crecemento e a súa proxección co fútbol feminino. A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión deste proxecto baseado na canteira, a competitividade e a ambición, que serve para completar ao RC Celta e impulsar de maneira notable a este deporte no sur de Galicia.

O equipo nacerá a próxima tempada en Terceira Federación, máis equipos infantil, cadete e filial, coa clara vocación de crecer sen pausa apoiándose na formación de xogadoras e na oportunidade que para as nenas da Área supón dispoñer dos recursos adecuados para loitar polo seu soño: xogar ao fútbol.

Precisamente mañá ás 13.00 horas xogarase no Campo de Fútbol das Baloutas o partido UD Mos Feminino-Deportivo de A Coruña B, no que será o primeiro derbi nas Baloutas. Polo que o primeiro derbi do Celta Feminino leva o nome de Mos.

As “abellas” do Mos Feminino recibirán antes do partido a visita da presidenta do RC Celta, Marian Mouriño, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que estarán acompañadas polo presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, e aproveitarán a oportunidade para felicitar ás xogadoras da UD Mos polo novo vínculo co clube celeste que están a vivir con tanta emoción, ilusión e orgullo.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas