Home Sin categoría Redondela gaña un novo espazo para os peóns

Redondela gaña un novo espazo para os peóns

- Anuncio -

– A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do 16 de maio. A concelleira de Interior, Rita Pérez, explica que só se permitirá a circulación para labores de carga e descarga.

-A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá os traballos de humanización a partires do día 16 de maio para mellorar a accesibilidade na rúa.

-A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que este cambio “permite continuar coa transformación iniciada polo goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”.

Redondela gaña un no novo espazo para o uso peonil no centro da vila. A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do próximo 16 de maio. A partir desa data só se permitirá a circulación por esta rúa para operacións de carga e descarga nos lugares habilitados para tal fin. A concelleira de Interior, Rita Pérez, explica que este cambio vai na liña que o goberno local mantén “para crer espazos máis amables para a cidadanía, dando prioridade aos peóns nos lugares onde é posible”. A rúa Padre Sarmiento, que ten unha lonxitude duns 50 metros, non conta con entradas para garaxes “polo que esta medida non supón ningún prexuízo para os residentes, que gañarán en seguridade e tranquilidade ao retirar o tráfico da rúa”. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá os traballos de humanización a partires do día 16 de maio para mellorar a accesibilidade na rúa.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que este cambio “permite continuar coa transformación iniciada polo goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”. Facer unha vila con menos tráfico nos lugares onde é posible “supón reducir a contaminación e o ruído, o que redunda nunha maior calidade de vida para a veciñanza”, conclúe Rivas.

Relacionadas

Luis López avanza a creación dunha aplicación móbil de realidade aumentada sobre as Rías...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e os deputados Nava Castro e Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou a sexta edición da xornada TurisTIC...

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta

0
O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e...

Aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2024

0
Esta iniciativa de conciliación familiar ofrecerá durante o mes de xullo actividades de 8.00h a 14.00 h. para nenos e nenas da provincia nados...

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Publicacións Relacionadas