Home Terra de Celanova Celanova A Xunta destaca en Celanova o papel das mesas locais contra a...

A Xunta destaca en Celanova o papel das mesas locais contra a violencia de xénero para garantir a eficacia dos recursos destinados ás vítimas

- Anuncio -

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero da Mancomunidade Terra de Celanova

― A Xunta avoga por reforzar estes órganos e favorecer a súa implantación nos 218 municipios que integran a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero
Celanova (Ourense), 17 de febreiro de 2022.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa local contra a violencia de xénero da Mancomunidade Terra de Celanova, onde destacou o importante papel destes órganos na prevención e actuación áxil ante a detección de casos desta lacra. López Abella subliñou que son “factor determinante” para conseguir unha mellor eficacia e complementariedade dos recursos destinados á intervención integral coas vítimas.
As mesas locais constitúen una ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero. Ademais de membros da Mancomunidade, dos concellos que a integran e da Xunta e do Goberno central; na mesa de hoxe sentáronse interlocutores do Centro de Información á Muller de Celanova, da Garda Civil e da policía local, e varias persoas de centros educativos e sanitarios das localidades que integran o ente supramunicipal.

A Xunta traballa para incrementar o grao de calidade da coordinación interinstitucional e contribuír, deste xeito, a optimizar a accesibilidade aos recursos e á prestación de servizos de atención ás mulleres. “A coordinación e a colaboración son as premisas fundamentais para unha atención máis áxil, eficiente e eficaz ás mulleres que ven vulnerados os seus dereitos por mor da violencia de xénero”, remarcou a secretaria xeral.

Tal e como destacou López Abella, o Goberno galego traballa co obxectivo de intensificar o traballo destas entidades nos concellos que xa as teñen constituídas e axudar á súa creación naqueles nos que aínda non existe. Esta posibilidade está aberta no caso dos 218 municipios que integran a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Para favorecela, a Secretaría Xeral da Igualdade ten ao seu dispor cadanseus manuais de apoio, unha guía de carácter práctico para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; e unha segunda guía dirixida á dinamización dos órganos existentes.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Publicacións Relacionadas