Home Pontevedra A Paradanta Arbo, Melgaço e Crecente programan "O Camiño de Santiago entre Amig@s"

Arbo, Melgaço e Crecente programan “O Camiño de Santiago entre Amig@s”

- Anuncio -
  • O Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu, unha reunión entre o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil Expósito, o alcalde do Concello de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez e o presidente da Camara de MelgaÇo, Manoel Batista Calçada Pombal
  • Entre as actividades previstas a curto prazo, esta a organización entre os tres concellos, do Camiño de Santiago en tres modalidade, A Pé, en Bicicleta e en autobús. A iniciativa terá lugar a finais do mes de xuño e principio de xullo.
  • Estas accións, reforzan, unha vez máis, o obxetivo de fortalecer os lazos de amizade, municipais e comerciais entre o noso concello e os concellos veciños de Crecente e MelgaÇo

O Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu a pasada semana, unha reunión entre o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil Exposito, o alcalde do Concello de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez e o presidente da Camara de MelgaÇo Manoel Batista Calçada Pombal, a que asistiron os concelleiros de Deportes, co obxetivo de planificar as actividades de cooperación a realizar entre os tres concellos no ano 2022.

Entre as actividade que se van a organizar a curto prazo e que foron tratadas nesta reunión, será o recorrido do Camiño de Santiago en tres modalidade: A Pé, en Bicicleta e en autobús e que terá lugar a finais de xuño e principios de xullo.

2022 é un ano moi especial para o Camiño de Santiago e para todos os peregrinos. En 2021 celebrouse o Ano Santo Compostelán número 120 da súa historia, pola situación excepcional do COVID-19 o Papa Francisco prolongou o Ano Santo ao 2022

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifesta que “A actividade “O Camiño de Santiago entre Amig@s”, ademáis de que contará este ano cunha gran afluencia de peregrinos, os veciños e veciñas de Arbo, Crecente e MelgaÇo, poderán estreitar máis os lazós de amizade e compartir as experiencias únicas que esta actividade do camiño ofrece”

No ano 2019, tiveron lugar as primeiras reunións entre os alcalde dos tres concellos, para a creación da eurocidade Arbo-MelgaÇo-Crecente, reunións que quedaron aprazadas pola crise sanitaria e que se retomaron a finais do ano pasado.
Coa creación da eurocidade, pretendese establecer leitos de comunicación e cooperación para o desenvolvemento de futuras iniciativas culturais, deportivas, sociais…. Informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

Esta será a primeira oportunidade en que os concellos traballen conxuntamente en este tipo de actividade e os rexedores de ambas localidades afirman que comeza así unha positiva colaboración entre ambos municipios que entende que o traballo conxunto é o camiño de futuro para ambas cidades.

Os concello de Arbo e Crecente realizaron as actividades da Xura de Bandeira e a Homenaxe a Garda Civil no ano 2019. Arbo e MelgaÇo organizaron varios actos no ano 2016 co gallo do homenaxe aos “Bombeiros Voluntarios de MelgaÇo” , andainas gastronomicas e a feira gastronomica, pero para os tres concellos xuntos, será a primeira vez.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas