Home A Coruña O alumnado do CPI de Ponte Carreira participa na campaña de implantación...

O alumnado do CPI de Ponte Carreira participa na campaña de implantación do punto limpo móbil en Frades e Mesía

- Anuncio -

O alumnado de Primaria e Secundaria do CPI de Ponte Carreira participaron esta mañá nunha xornada de sensibilización dentro da campaña de implantación do punto móbil nos concellos de Frades e Mesía. Unha actividade na que tamén participou o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, quen explicou á rapazada os beneficios dunha correcta separación de refugallos en orixe para a súa posterior reciclaxe.

O funcionamento do punto limpo móbil é sinxelo: un camión despraza ata o lugar desexado unha plataforma que está dividida coas diferentes fraccións que se poden reciclar: pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro… Este camión permitirá que o punto limpo vaia rotando por todas as parroquias de ambos os dous concellos.

De feito, unha vez rematada a presentación en Ponte Carreira, o punto limpo móbil desprazouse ata Mesía, onde tamén se desenvolveron charlas formativas para o alumnado do EEI Visantoña. Xa pola tarde, repartirase información sobre o punto limpo móbil entre os comercios do municipio de Mesía.

Este punto limpo móbil Frades-Mesía é un dos concedidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en 2021. O Departamento dirixido por Ángeles Vázquez achegou aos concellos de Frades e Mesía unha axuda de case 70.000 euros para a prestación deste servizo mancomunado, que complementará o servizo que presta o punto limpo posto en marcha en Céltigos grazas a unha achega autonómica de 276.000 euros.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas