Home Pontevedra Campo Lameiro O concello de Campo Lameiro fará un Entroido solidario o sábado 12...

O concello de Campo Lameiro fará un Entroido solidario o sábado 12 de marzo e destinará o recadado polas filloas e orellas a axuda humanitaria para os refuxiados de Ucraína

- Anuncio -

Por mor da Covid-19 este ano substituirán o tradicional desfile de disfraces por unha festa co Dj Javi Solla na praza do Concello

O Concello de Campo Lameiro celebrará o entroido o vindeiro sábado 12 de marzo cunha festa solidaria a cargo do Disc Jockey Javi Solla entre as 17 e 20 horas na praza do Concello. Durante esta sesión discoteca, que substituirá ao tradicional desfile de disfraces por mor da Covid-19, contará co reparto de filloas e orellas entre os asistentes que poderán facer un donativo que irá íntegramente destinado a mercar axuda humanitaria para o refuxiados pola guerra de Ucraína.

Esta decisión foi adoptada polos membros do equipo de Goberno que lidera Carlos Costa dentro do espírito solidario que domina gran parte das actividades e accións que leva a cabo este concello.

Para aquelas persoas que queiran colaborar no envío de material humanitario a Ucraína, o Concello de Campo Lameiro habilitou tamén un espazo na Casa Consistorial para recoller ese material de luns a venres de 9 a 14 horas e tamén na Biblioteca, os martes e xoves en horario de 17 a 20 horas.

Todo o recollido será enviado a Ucraína a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que se está a coordinar cos concellos galegos para facer chegar de xeito eficaz e seguro toda a axuda humanitaria que se xunte ata as vítimas da barbarie que está a producir a guerra de Ucraína emprendida pola administración rusa do presidente Putin.

O alcalde, Carlos Costa, salientou “o espírito solidario e colaborador dos nosos veciños que se puxeron en contacto con nós para facer algo a prol das vítimas de Ucraína e pensamos que unha boa ocasión será a celebración do entroido do sábado 12 para recadar algo de cartos, a través das filloas e orellas que íamos repartir e que agora solicitaremos a colaboración dos asistentes facendo un pequeno donativo porque toda axuda é pouca para asistir a tanta xente”, indicou o rexedor.

Relacionadas

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas