Home A Coruña A Xunta avalía co concello de Aranga medidas para o impulso da...

A Xunta avalía co concello de Aranga medidas para o impulso da actividade industrial

- Anuncio -

— O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Alberto Platas, no que coincidiron sobre a importancia de impulsar o solo empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro en Santiago de Compostela co alcalde de Aranga, Alberto Platas, para avaliar medidas que axuden a dinamizar a actividade industrial deste municipio coruñés.

Neste sentido, coincidiron na necesidade de que o solo empresarial conte con todos os servizos necesarios para a implantación e atracción de empresas, especialmente, no que atinxe ás redes de distribución eléctrica, que ofrecen seguridade e calidade no servizo.

Conde púxose á disposición do Concello para ofrecer o asesoramento e axuda que poida necesitar á hora de afrontar novos proxectos e lembrou o compromiso da Xunta de Galicia con este municipio ao que se leva destinado, desde 2009, un total de 863.000 euros en axudas, tanto para proxectos da Administración local, como para os veciños e as empresas implantadas. Con estes apoios o obxectivo é traballar desde a colaboración público-privada no impulso de iniciativas enerxéticas, forestais e empresariais, permitindo así mobilizar 3,6 millóns de euros en Aranga.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas