Home Pontevedra Barro Incrementar a base social e electoral, obxectivos do novo Responsábel local do...

Incrementar a base social e electoral, obxectivos do novo Responsábel local do BNG en Barro, Santi Pazos

- Anuncio -

A nova dirección do BNG, escollida por aclamación, ten a Ángela Aboy como Vice-responsábel, e destaca pola súa solvencia política e xuventude

A Asemblea Local do BNG de Barro escolleu por aclamación a Santi Pazos Ucha como novo Responsábel local, que se marcou como obxectivos para esta nova etapa: “continuar facendo medrar o BNG en Barro, incorporando a todas as veciñas e veciños que desexen participar do noso proxecto e traballar para obter os mellores resultados posíbeis nas vindeiras eleccións municipais, xa que o BNG é a única forza política que conta cun proxecto de futuro para o noso concello”.

Santi Pazos é veciño da parroquia de Agudelo, participa de distintos colectivos sociais e culturais de Barro, así como tamén destaca a súa implicación no mundo sindical, onde exerce de delegado da CIG. No cargo de Vicerresponsábel local estará Ángela Aboy, veciña de Perdecanai e estudante universitaria.

Pazos releva no posto ao concelleiro Iván Vello, que ocupa na actualidade o posto de Responsábel do BNG na comarca de Pontevedra-Caldas.

Con 35 e 22 anos respectivamente, a elección de Pazos e Aboy como responsábeis da organización na localidade pon de manifesto a clara aposta do BNG pola xuventude.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas