Home Deputacións Deputación Pontevedra Gondomar estrea o remodelado parque de maquinaria tras as actuacións de mellora...

Gondomar estrea o remodelado parque de maquinaria tras as actuacións de mellora realizadas pola Deputación de Pontevedra

- Anuncio -

A institución provincial levou a cabo obras de mellora como a construción dun novo almacén, acondicionamento da nave principal ou a reposición dos peches

O parque de maquinaria que a Deputación de Pontevedra ten en Gondomar foi obxecto de varias actuacións de mellora coas que a institución deu un novo aspecto a este centro desde o que se coordinan os proxectos que se realizan no sur da provincia. As obras, cun investimento de 105.320 euros, consistiron na construción dun novo almacén, melloras na nave principal ou na reposición dos peches. Así o puideron comprobar a deputada e os deputados provinciais Iria Lamas, Carlos Font e Santos Héctor, quen xunto ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, achegáronse este xoves ao parque para coñecer de preto estas novas actuacións.

As instalacións situadas neste concello do Val Miñor centralizan as actuacións da Deputación nesta zona no que ten que ver con reparacións, mantemento, depósito de materiais e outros traballos dirixidos á posta a punto da flota da institución provincial. Máis polo miúdo, entre todas as melloras que se realizaron a máis significativa foi a construción dun novo almacén para a maquinaria. As obras chegaron tamén á nave principal, que agora conta cunha nova capa de pintura, malla antifollas nas canalizacións de cuberta e unha instalación interior eléctrica moderna. Do mesmo xeito, actuouse na marquesiña destinada ao aparcamento de vehículos lixeiros, onde se realizaron actuacións de saneado e reforzo e tamén se instalaron luminarias con detector de presencia.

Ademais, as obras se centraron na colocación de novos peches, a execución de novos muros de contención e acondicionamento interior da parcela, coa colocación de luminarias LED nas zonas exteriores do parque, así como obras de urbanización exterior coa a pavimentación dos espazos libres da parcela.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas