Home O Salnés Cambados Posición do BNG sobre so orzamentos de 2022

Posición do BNG sobre so orzamentos de 2022

- Anuncio -


O BNG de Cambados, tras estudar a proposta orzamentaria do Goberno de Cambados para o ano 2022, considera que non atende debidamente as necesidades dos veciños. Por tal motivo, formulamos a seguinte proposta, que condiciona o noso apoio á aprobación dos mesmos. Está distribuida en catro apartados, que pasamos a expoñer:

  1. Obras
    As obras presupostadas omiten tres actuacións urxentes que consideramos que deben afrontarse sen dilación:
    a) Centro Social de Corvillón
    O Centro Social desta parroquia atópase nun estado de abandono que o fan inhábil para o seu uso. Como xa temos sinalado, necesita que se efectúen obras de mantemento urxentes para volver a ser un centro de reunión e actividades para os veciños. Repoñer elementos e mobiliario e elementos constructivos, arranxar a instalación eléctrica, e dotar ás instalacións de material informático son algunhas das necesidades dese centro.
    b) Sendeiro litoral de Castrelo
    O sendeiro litoral na costa de Castrelo, que supón unha vía de desafogo e lecer para veciños desa parroquia, do conxunto da vila, e de visitantes, está nun estado de abandono que debe rematar. Cun investimento reducido pódese volver a dotar ese sendeiro dos elementos necesarios para que recupere o seu estado orixinal.
    c) Parque de Vilariño
    O parque infantil de Vilariño debe ser mellorado e adaptado a un emprazamento adecuado a súa función, dentro do propio recinto. Non ten sentido que, dada a superficie da parcela, as instalacións estean á beira da estrada, co risco e molestias que supoñen para os usuarios, podendo estar máis afastado e sendo máis seguro para os nenos e nenas que o empregan. Ao mesmo tempo, a súa dotación é insuficiente.
  1. Prazas de persoal
    O Concello de Cambados ten unha carencia crónica de prazas de persoal sen cubrir. Esta anomalía resúltalle útil a este Goberno en dúas prácticas cuestionables: dispoñer dun maior remanente de capital do que dispoñer ao seu arbitrio; e externalizar a empresas, a dedo, servizos que deberían prestar empregados municipais.
  2. Como contrapartida, os veciños sofren, sen necesidade, peores servizos e retrasos en trámites ordinarios; e queda aberta a posibilidade de que o Goberno incorra en corrupción nas contratas públicas. As prazas vacantes son as seguintes:
    a) A praza de Capataz de Obras e Servizos, fundamental para o desenvolvemento e coordinación desa área, con todo o que implica para os veciños, segue sen cubrirse por parte deste Goberno.
    b) O Concello ten seis prazas de limpador á espera de ser cubertas. Mentres tanto, contrata a dedo a unha empresa externa. Esto debe rematar; dende o BNG esiximos que o Goberno cubra as prazas ás que ten dereito o Concello de Cambados.
    c) Ademáis, hai catro prazas de operarios igualmente vacantes. Ao igual que no anterior, o Goberno acaba adicando recursos públicos para atender necesidades que deben cubrirse con persoal propio.
    d) Unha praza de oficial xardiñeiro segue, do mesmo modo, segue sen cubrir.
    e) Unha praza de oficial de mantemento tamén está sen cubrir.
    f) Unha praza de operario de zona segue a mesma sorte.
    g) Do mesmo xeito, todas as casas de cultura carecen de técnicos encargados da súa xestión e dinamización. Ao igual que co mantemento, a desatención neste ámbito parece que formase parte dun plan deliberado do Goberno para deixar sen atención este servizo das parroquias, e acumular todos os recursos só no centro da vila.
  3. h) Por último, a praza de bibliotecario leva sen cubrir dende o falecemento de Luis Rey. Non hai ningunha excusa para que siga, a día de hoxe, sen sacarse a concurso.
  1. Cemiterios
    A chapuza, por non usar outra palabra, do empedrado do Cemiterio de Vilariño, evidenciou que o Goberno carece dun plan de actuación para os cemiterios do termo municipal.
    O BNG defende que os cemiterios deben pasara a titularidade municipal. A situación actual, onde a propiedade e xestión corresponden ao Arcebispado de Santiago, e o Concello afronta o mantemento, é unha anomalía que o Goberno debe corrixir.
  2. Dado que o plan do alcalde, como advertimos, resultou nun fracaso, dende o BNG propoñemos que, no sucesivo, en vez de reglarlle cartos públicos ao Arcebispado de Santiago, a través dunha asociación instrumental, como se recolle nos presupostos, o Goberno opte por un sistema de reparto equitativo.
  3. A partida adicada só á asociación de Vilariño debe eliminarse do capítulo de transferencias de capital, e mudarse ao de transferencias correntes. De modo que, mediante un sistema de concorrencia competitiva, os propietarios ou comunidades de propietarios de todos os cemiterios do termo municipal tivesen acceso a esa partida, en condicións de igualdade.
  4. Axudas
    Observamos que, probablemente coa vista posta nas eleccións municipais, o Goberno ampliou esaxeradamente a partida de festexos. Como os cartos son os que son, ese aumento trouxo consigo a desatención de outras partidas menos vistosas, pero máis necesarias para os veciños no día a día, e máis orientadas a unha xestión horizontal dos recursos.

O BNG defende que as partidas culturais e deportivas deben contar co apoio e participación das entidades culturais e deportivas, a fin de tornar a actividade municipal nesa área máis participativa, democrática, e plural.

Do mesmo xeito, corrixiría un dos erros habituais deste Goberno, que incumpre por sistema os seus propios presupostos, por canto acaba adicando recursos a estas partidas non previstas.

Dende o BNG propoñemos que se retiren parte desas partidas de festexos, e se transfiran ás seguintes áreas:
a) Entidades culturais.
b) Comisións de festas.
c) Mantemento e reparación de instalacións deportivas municipais.
Conclusión
Estas son as liñas de actuación do BNG en Cambados, que constitúen a nosa posición negociadora mínima de partida. Como se pode comprobar, expoñemos que partidas deben minorarse, e cales incrementarse correlativamente para acadar uns orzamentos equilibrados. Nese sentido, cumprimos coa petición do Alcalde, da que tivemos noticia a través da prensa, de presentar unha proposta realista, detallada, e orientada ao ben común.

Se o Goberno ten interese en contar co noso apoio e, máis importante, atender as propostas dos veciños que votaron ao BNG, a nosa posición está contida no presente escrito.

Daremos o visto bo aos presupostos unha vez que o Goberno aprobe esta proposta nunha Xunta do Goberno Local, e nos facilite unha copia desa resolución. Nese momento, o BNG de Cambados asinará co Goberno local, en público, o acordo de apoiar os orzamentos.

Relacionadas

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas