Home O Condado As Neves A Xunta formaliza a adxudicación de 3 parcelas na Plisan, que ten...

A Xunta formaliza a adxudicación de 3 parcelas na Plisan, que ten á disposición das empresas máis de 134.000 M2 de solo industrial urbanizado

- Anuncio -

— A conserveira Frinsa e a empresa de augas Gainser ocuparán preto de 44.000 m2 neste ámbito co obxectivo de crear unha trintena de empregos e investir case 8 M€

— Ata o de agora foron adxudicados xa 214.000 m2 por un importe global de 11,23 M€

A Xunta de Galicia acaba de formalizar a adxudicación de 3 parcelas cunha superficie de preto de 44.000 metros cadrados na Plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan). A xefa da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra (IGVS), María Martínez, asinou esta mañá as escrituras correspondentes xunto aos representantes das dúas empresas adxudicatarias: Frinsa e Gainser.

Despois das últimas adxudicacións, a superficie total dispoñible nesta gran área industrial ascende a máis de 134.000 m2 urbanizados e repartidos entre 31 parcelas, que se poden adquirir en réxime de compravenda ou en dereito de superficie, neste segundo caso, a cambio dun canon anual moi reducido.

En concreto, a conserveira galega Frinsa vén de comprar, en adxudicación directa e por un importe de 2,63 millóns de euros, as parcelas LE 5.1 e LE 5.9, contiguas entre si e que ocupan unha superficie de 40.921,85 m2.

Pola súa banda, Gainser, dedicada ao estudo, deseño, instalación e servizo posvenda de infraestruturas de equipos de bombeo e tratamento de auga para abastecemento, saneamento e depuración, fíxose coa parcela LE 4.4 en réxime de dereito de superficie.

Cun tamaño de 2.641,56 m2 e localizada ao carón de BETA Implants, o prezo de remate da operación é de 189.426,31 euros. Neste caso, a firma ten previsto construír unha nave de 800 m2 que destinará a almacén.

O investimento total previsto entre ambas empresas para levar a cabo os seus respectivos proxectos na Plisan suma preto de 8 millóns de euros —incluído o custo de adquisición dos terreos por parte de Frinsa— e implicará a creación de 25 postos de traballo no caso da conserveira e de 6 máis no de Gainser.

Estas dúas novas adxudicacións en Salvaterra-As Neves súmanse aos 68.180,67 m2 asignados xa anteriormente á conserveira Albo e á empresa do sector tecnolóxico BETA Implants, pertencente ao grupo Arbinova.

Así mesmo, o mes pasado tamén se anunciou a próxima adxudicación a Lonza Biologics Porriño S.L de 4 parcelas cun total de case 102.000 m2, o que suporá a maior superficie de solo asignada ata o momento nesta área empresarial dos sur de Galicia.

Deste xeito, confírmase o bo momento da Plisan e o efecto chamada que está a ter nas empresas, tal e como demostra o feito de que só desde o mes de marzo tres novas firmas decidiran implantarse neste ámbito. Así, a superficie total adxudicada ata o de agora ascende a 214.000 m2, cun prezo global de adquisición de 11,23 millóns de euros.

Cómpre lembrar que os promotores da Plisan son a Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, e que o investimento previsto neste ámbito, unha vez rematen as actuacións actualmente en marcha, ascenderá xa a preto de 235 millóns de euros.

Relacionadas

O BNG de Vigo critica que o Goberno de Caballero “promete moito pero fai...

0
A fronte nacionalista denunciou no Pleno a permanente inexecución dos presupostos, despois de que o propio Goberno municipal recoñeza no marco orzamentario 2025-2027 que...

O “Día da Xuventude” chega este mércores a Oia coas súas propostas de ocio...

0
Oia acollerá este mércores 1 de maio a programación das actividades formativas e de ocio saudable do “Día da Xuventude” que vén de poñer...

A Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun novo proxecto...

0
O novo programa céntrase en converter os restos orgánicos dun centro de día local en compost de alta calidade que se empregará para cultivar...

Contacontos para bebés con Pablo Díaz na Biblioteca Municipal

0
A cita será mañá martes ás 18 h dentro da programación de “Tui en Letras” Mañá martes, 30 de abril, ás 18 h a Biblioteca...

O concello de Nigrán ofrece este mércores o concerto da Banda de Acordións Metropolitana

0
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 1 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana. A...

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Publicacións Relacionadas