Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O “Día da Xuventude” chega este mércores a Oia coas súas propostas...

O “Día da Xuventude” chega este mércores a Oia coas súas propostas de ocio saudable

- Anuncio -

Oia acollerá este mércores 1 de maio a programación das actividades formativas e de ocio saudable do “Día da Xuventude” que vén de poñer en marcha a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta. A cita será en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas, no patio exterior do CEIP Manuel Mestre García.

Este programa, que desenvolve neste ano a súa segunda edición, busca a participación activa da mocidade de cada concello a través dunha ampla variedade de actividades, tales como obradoiros de gastronomía saudable, formación sobre habilidades para a empregabilidade, sensibilización medioambiental, igualdade de xénero e arte urbana. Tamén inclúe propostas de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box. Para finalizar a xornada, ofrece unha actuación musical de artistas locais.

O ‘Día da Xuventude’ ponse en marcha este ano nunha trintena de concellos galegos, entre os cales se atopa Oia. Este programa persegue diversos obxectivos, como facilitar á mocidade a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais. Tamén quere fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable, a transmisión de valores a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo. Así mesmo, achega información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade e amplía as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas.

A iniciativa “Día da Xuventude”, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, está destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas