Home A Coruña Dúas alumnas de Linguas Modernas da Universidade de Newcastle visitan esta semana...

Dúas alumnas de Linguas Modernas da Universidade de Newcastle visitan esta semana o Camiño Inglés

- Anuncio -

Elaborarán unha serie de enquisas que formarán parte do estudo demoscópico sobre a demanda turística do Camiño Inglés que se fará ao longo de 2022 en colaboración coa Universidade da Coruña

Erisa Mizunoue e Olivia Curtis, dúas estudantes do Departamento de Linguas Modernas da Universidade de Newcastle, visitan nesta Semana Santa o Camiño Inglés, especialmente as localidades de Ferrol, Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Oroso e Santiago. Unha visita organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés froito da colaboración establecida coa Universidade de Newcastle.

As dúas estudantes foron recibidas na sede da entidade en Sigüeiro (Oroso) pola xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García, e o técnico da entidade, José María Ruzo. Unha visita que se estenderá ata este domingo 17 de abril. “Ademais de coñecer gran parte da nosa ruta xacobea, Erisa e Olivia aproveitarán tamén para facer un traballo de campo en forma de enquisas, que formarán parte dun estudo demoscópico sobre a demanda turística do Camiño Inglés que a Asociación ten previsto facer neste ano 2022 en colaboración coa Universidade da Coruña”, explica Cristina García Souto.

Tradución do libro

A visita de Erisa e Olivia é consecuencia da edición do libro “The pilgrimage to Santiago de Compostela from Great Britain: a preliminary aproach” (“A peregrinación a Santiago de Compostela dende Gran Bretaña: unha aproximación preliminar”), obra do xornalista ferrolán Cristóbal Ramírez, Cronista Oficial do Camiño Inglés. Un libro editado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, a Deputación da Coruña e a Universidade de Newcastle, cuxo departamento de Linguas Modernas se encargou da súa tradución ao inglés.

Erisa Mizunoue e Olivia Curtis foron as gañadoras dun sorteo realizado entre todo o alumnado que participou na tradución do libro e cuxo premio era unha viaxe para facer o Camiño Inglés. Un equipo no que tamén participaron Benjamin Carrington, Paris Tansley, Alicia Mould, Amelia Joslin, Anna Busa, Charis Dixon, Erin Atherton, Georgina Hulston, Kyle Waton, Lena Minarovicova, Lydia Harrison-Graham, Maddie Price, Magda Bergier, Natasha Pettine-Ramírez, Olivia Jowett, Sian Reis, Tia Manka e Viki Wawrzyniak.

“The pilgrimage to Santiago de Compostela from Great Britain: a preliminary aproach” recolle, por primeira vez, todos os nomes de peregrinos dende o que é hoxe o Reino Unido ata Compostela, comezando no século XII e rematando no ano 1909. Un traballo presentado o pasado 17 de marzo en Newcastle por Cristóbal Ramírez nunha viaxe organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas