Home O Ribeiro Cenlle Manuel Baltar celebra en Laias a reactivación do termalismo deportivo, con 357...

Manuel Baltar celebra en Laias a reactivación do termalismo deportivo, con 357 deportistas adestrando no Cerlac entre abril e maio

- Anuncio -

Resalta a importancia deste momento dentro da aposta da Deputación polo termalismo deportivo e o ecosistema deportivo da provincia: “Os froitos do traballo de moitos anos vénse agora, con centos de deportistas preparando campionatos internacionais nestas láminas de auga”

O presidente da Deputación, acompañado da dirección de Caldaria, conversou coa selección española absoluta de canoa -con tres finalistas olímpicos, entre eles a galega Antía Jácome-, a selección española junior de remo e alumnos da Shrewsbury School

O adestrador nacional da selección española absoluta de canoa, Marcel Glavan, destacou no seu encontro con Manuel Baltar a calidade das instalacións do Cerlac

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o balneario de Laias para celebrar a reactivación do termalismo deportivo despois da crise do covid-19. Acompañado da dirección de Caldaria, Manuel Baltar conversou cos deportistas e corpos técnicos dos equipos que están adestrando estes días nestas instalacións do Cerlac: a selección española absoluta de canoa -con tres finalistas olímpicos en Tokio 2020, entre eles a pontevedresa Antía Jácome-, a selección española junior de remo e os alumnos da Shrewsbury School. 

O presidente da Deputación remarcou a importancia deste momento de reactivación: “As instalacións de Caldaria abren de novo para o termalismo deportivo. Unha aposta da Deputación que é unha firme realidade”. Coma unha nova mostra desta consolidación, entre abril e maio adestrarán no Cerlac 357 deportistas de diferentes países. “Son centos de deportistas de diversos países, de seleccións, de colexios… veñen a estas láminas de auga para preparar campionatos internacionais”, resaltou Manuel Baltar, que sinalou como “unha cousa que parecía utópica sucede dende fai tempo, con equipos de, por exemplo, Australia vindo a Ourense a adestrar e amosando como as visións teñen que prantexarse para convertirse en realidade”. 

Manuel Baltar incidiu na potenciación que está realizando o goberno provincial polo ecosistema deportivo de Ourense: “Este é un momento importante neste eido, polo que traballamos dende fai tempo e creo que se están vendo os froitos. Agora, a Alta Velocidade danos un plus, e consolida a Ourense nun referente nacional e internacional para o remo e piragüismo en España xunto a Banyoles e Sevilla”. 

A elite da canoa española adestra en Laias 

O adestrador nacional da selección absoluta de canoa, Marcel Glavan, remarcou esta mañá na súa conversa con Manuel Baltar o nivel do Cerlac: “É un bo sitio, tranquilo e con boa calidade de auga”. Glavan, que como deportista gañou unha prata en Atlanta 1996 no C-2 1.000 e sete medallas en campionatos mundiais e tres en europeos, adestra en Laias xunto a Georgiana Glavan á elite da canoa española, entre as que está a Antía Jácome -diploma olímpico e prata no Mundial de Copenhague-, Cayetano García e Pablo Martínez -diploma olímpico no C2 1.000-. 

A selección de canoa, tras afrontar uns test de competición en Pontevedra voltará a Laias para continuar a súa posta a punto nesta tempada de cara ao mundial, co horizonte de París 2024. 

Unhas instalacións de primeiro nivel para adestrar e competir

As instalacións do Cerlac están consideradas dende fai anos como unha absoluta referencia entre as mellores seleccións mundiais de piragüismo e remo, que teñen aquí unha importante base de adestramento. De feito, a selección absoluta de canoa, o equipo junior da Federación Española de Remo e o alumnos do Shrewsbury School repiten estes días estadía en Ourense. Ao igual que o farán en vindeiras datas os alumnos do Christ Church College, o clube de veteranos Putney Rowing Clube e a selección española sub 23 de piragüismo. Ademais, entre abril e maio tamén coñecerán estas instalacións por primeira vez alumnos do Upper Thames, integrantes do clube inglés de veteranos Auriol Kesington e unha delegación do Thames College. 

Dentro da aposta da Deputación polo termalismo deportivo e o turismo deportivo, e apoiado na firme alianza coa Federación Española de Remo, Ourense dará un paso máis en agosto coa celebración da Coupe de la Jeunesse .“Unha competición internacional que pon a proba a nosa capacidade de organizar eventos deportivos de primeiro nivel”, explicou esta mañá Manuel Baltar antes de desexar que esta proba sexa a primeira de moitas internacionais de piragüismo e remo con sede na provincia: “Estas dezaseis seleccións que estarán en Ourense na Coupe de la Jeunesse comprobarán a nosa capacidade organizativa e todo o que podemos ofrecer”. 

Relacionadas

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

Publicacións Relacionadas