Home Lugo A Mariña Occidental Magazos tamén demanda o arranxo das súas estradas e Míriam Bermúdez insiste...

Magazos tamén demanda o arranxo das súas estradas e Míriam Bermúdez insiste en programar mantementos

- Anuncio -

Veciños e veciñas de Magazos, puxéronse en contacto coa concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, para expresar o seu malestar de como se atopan as estradas que van cara as súas vivendas.

Así é que en Magazos, no tramo de estrada que vai desde o camiño da Cruz en Rúa Nova a camiño de Vilamarcol de Arriba, fai anos que non se repón o seu firme e así o demostra o seu estado onde se pode ver a masa asfáltica levantada en gran parte da súa superficie coa herba medrando na mesma. Ademais do mal estado do asfalto, podemos observar a vexetación que asolaga esta estrada por ambas marxes, o que demostra que tampouco leva un mantemento regular e continuo esta estrada.

“Prazos, obxectivos e mantementos axendados son a clave para a conservación e mellora das estradas municipais”, afirmou Míriam Bermúdez concelleira do BNG, “o mal estado e abandono das estradas de Viveiro teria fácil solución si o Goberno Municipal deixase a improvisación e contase cun Plan de Mantemento como o que presentamos desde o BNG no seu dia,” afirma Míriam, quen comenta que “este Plan de Estradas do BNG conta con políticas estruturadas e obxectivos fixados a curto, medio e longo prazo”. E remarca como “moi positivo para Viveiro contar cunha planificicación para que o mantemento das estradas do concello funcionase debidamente, pois actualmente só funciona baixo denuncia pública e a veciñanza o fai visible”.

Este Plan de Mantemento de Estradas Municipais que presentou o BNG, rexeitado por María Loureiro, consta de 3 puntos clave:

Mantemento: labores rutinarias que se repiten anualmente como traballos de diagnose da estrada, limpeza de beiravías, limpeza dos sinais verticais, desbroces, mantemento de barreiras de contención…

Conservación: actuacións a desenvolver por orde de prioridade, en función de criterios obxectivos e de acordo ao tipo de programa e traballos a realizar, como o saneamento de fochancas, renovación de firmes asfálticos, pintado do chan, reposición de sinais…

Mellora: para levar a cabo a modernización das estradas co ancheamento dos carrís, facendo ou ampliando beiravías, eliminación de curvas perigosas, construción de beirarrúas, melloras na accesibilidade, creación de carrís-bici, colocación de novas luminarias…

Relacionadas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

Publicacións Relacionadas