Home A Coruña A campaña da Xunta "Únete ao reto" anima a reciclar envases lixeiros...

A campaña da Xunta “Únete ao reto” anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Ordes, Santa Comba e A Laracha

- Anuncio -

Esta nova iniciativa enmárcase nas accións programadas ata maio nos tres concellos da provincia da Coruña que aspiran a incrementar nun 10% as súas taxas de reciclaxe

A campaña de reciclaxe Únete ao reto segue promovendo novas accións de sensibilización entre a cidadanía galega, como a recente instalación de cadanseu contedor amarelo xigante en Ordes, Santa Comba e A Laracha, os tres municipios da provincia da Coruña que participan este ano na iniciativa impulsada conxuntamente pola Xunta e Ecoembes.

Con estes elementos, construídos en madeira reciclada e cunhas dimensións de 2,5 metros de ancho por 4,5 metros de altura, búscase chamar a atención da veciñanza e animala a contribuír a que o seu concello logre aumentar nun 10% a recollida de envases de plástico, latas e briks, obxectivo principal desta terceira edición de Únete ao reto.

Para logralo, computaranse os residuos que se depositen nos contedores amarelos dos 13 municipios participantes en toda Galicia desde o inicio da campaña, o pasado 1 de marzo, ata o vindeiro 31 de maio. O obxectivo é que a cantidade recuperada supere como mínimo nun 10% as cifras depositadas neste mesmo período o ano pasado, que foi de 1.700 toneladas.

Ademais da contribución ao coidado do medio ambiente e ao fomento da economía circular inherentes á reciclaxe destes residuos, cómpre lembrar que todos os concellos que superen o reto recibirán como recompensa unha achega de 2.000 euros para doar á causa social da súa elección.

Para iso, durante os tres meses da campaña desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación. Así, ademais da instalación dos 13 contedores xigantes en lugares céntricos e visibles para que teñan o maior impacto posible entre a cidadanía, estanse a facer visitas periódicas aos concellos participantes para instalar vinilos nos comercios e na hostalaría local e falar cos veciños, informando da importancia e dos beneficios de facer un correcto uso do contedor amarelo.

Ademais, tamén se prevén campañas nos medios de comunicación e en redes sociais co obxectivo de animar á cidadanía a participar na iniciativa, á vez que se lles aconsella sobre como reciclar mellor no seu día a día para garantir que estes materiais, unha vez depositados nos contedores amarelos, se poidan reutilizar e devolver ao ciclo produtivo.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Publicacións Relacionadas