Home Pontevedra Deza Presentación XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral

Presentación XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral

- Anuncio -

• Julio López preparou a que vai ser a XXVIII edición dá Festa Gastronómica do Galo de Curral con toda a ilusión de retomar a normalidade neste festexo como outrora e para iso incorporou actuacións para todos os públicos.

No día de hoxe cando quedan exactamente 1 mes para a celebración da que será a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral, o goberno de Vila de Cruces presentou o cartel coa toda a programación.

O sábado 28 ás 21.30 h. dará comezo a edición dá Festa do Galo de Curral numero vinte e oito co espectáculo Musical GALLAECIA, xa o domingo 29 ás 10.30 poderemos gozar dos pasacalles cos Grupos Folclóricos, O ARCO DE MERZA E BRINCADEIRA DE CARBIA, ás 11:30 gozaremos da exposición de vehículos SEAT 600, da man da presentadora e humorista Lucía Veiga dará paso á actuación ás 12:00 de BROKEN PEACH, e tamén ao pregoeiro deste ano Marcial Mouzo, cun peche espectacular da man de AZUCAR MORENO a partir das 13:30 horas.

Xa na sesión de tarde é a quenda para a XXVIII Festival de Bandas de Galicia para o goce de todos os cruceños e cruceñas e que nesta ocasión acompañásennos as Bandas de Música; UNION MUSICAL PONTELEDESMA, SANXENXO E A BANDA DE LALÍN.

Por suposto poderase degustar o Galo de Curral como é de costume, unha degustación que segundo o alcalde Luís Taboada fará que se disparen as vendas deste manxar que é o Galo de Curral de Vila de Cruces.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas