Home Pontevedra Deza Recibimento no concello da nova Comisión de Festas Piedade 2022

Recibimento no concello da nova Comisión de Festas Piedade 2022

- Anuncio -

• O tenente de alcalde Julio López congratúlase do gran compromiso desta comisión que estiveron esperando dous anos para poder celebrar esta festa.
No día de hoxe o tenente de alcalde e responsable de festexos do concello recibiu no consistorio á nova Asociación de Festas da Piedade 2022, formada polo seu presidente Cesar Mouriño, aos que acompañan Desi Montoto e Marcos López.

Julio López quixo agradecer a esta nova comisión no seu nome e no de todos os cruceños e cruceñas, o gran esforzo que teñen que realizar para poder levar a cabo esta festa, tamén aproveitou para agradecer a todas as asociacións que realizaron este mesmo traballo nos anos anteriores á pandemia e que sen o seu esforzo non se podería seguir levando a cabo esta actividade.

Á súa vez Julio López confirmou á nova Asociación de Festas Piedade 2022 que contan con todo o apoio do concello, máis se cabe nestes momentos que temos que practicamente empezar de cero tras unha pandemia que nos abateu durante dous anos, e lembra Julio López como no ano 2020 esta mesma comisión tería que encargarse de realizar a festa, (algo que se tornou imposible por mor das restricións da pandemia) quedando aprazada para o ano 2021, na que tampouco se puido gozar deste evento, por este motivo Julio López encomia persoalmente o traballo dos integrantes desta asociación que a pesar de pasar dous anos mantiveron o seu compromiso e toman as rendas para que todos os cruceños e cruceñas poidan novamente gozar da Festa dá Piedade 2022, conseguindo deste xeito a continuidade coas tradicións.

Luís Taboada e o seu equipo de goberno, agradecen aos integrantes da Asociación Festas Piedade 2022 o seu compromiso coa Vila e esperan e desexan que todos poidan gozar destas festas que terán lugar os días 6-7-8 de agosto de 2022.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas