Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez insiste en dar prioridade as ordenanzas de contaminación acústica, tenza...

Míriam Bermúdez insiste en dar prioridade as ordenanzas de contaminación acústica, tenza de mascotas e de uso das praias

- Anuncio -

A veciñanza do noso concello e en especial a que habita no casco histórico de Viveiro e Cantarrá, leva anos agardando por unha ordenanza que regule a contaminación acústica, en especial, desde que esta iniciativa do BNG foi aprobada no pleno de setembro de 2019. Unha ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas “zona acústicamente saturada” para poder intervir na mellora da calidade acústica medioambiental das mesmas.

Tamén cabe destacar que en pleno 2022, Viveiro continúa sen unha “Ordenanza de tenza de animas” así como tampouco coa “Ordenanza de regulación de uso e aproveitamento das praias”, apesares de que os informes indican que en Viveiro hai máis de 3.000 mascotas. Estas ordenanzas, ben para os amantes das mascotas e ben para os que non gostan delas, permitirán regular a vida en común de animais e persoas, horarios e normas básicas de convivencia, o que en termos xerais é, unha regulación da que todxs se beneficiarían.

Por todo o exposto, rogamos ao equipo de goberno que decida darlle prioridade a estas ordenanzas e poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza

Relacionadas

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

Publicacións Relacionadas