Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela solicita a colaboración do conselleiro de Cultura para poñer en valor...

Cubela solicita a colaboración do conselleiro de Cultura para poñer en valor as “xoias” arqueolóxicas e do románico en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

• O Concello editará trípticos e realizará visitas guiadas que terán como protagonistas á Igrexa de San Martiño de Rebordelo, á de Santa María de Sacos, á de Santa Mariña de Tomonde e o mosteiro de San Pedro de Tenorio

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza de traballo co conselleiro de Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a quen lle solicitou a máxima colaboración do seu departamento para unha serie de proxectos e iniciativas que está a poñer en marcha o Concello e que xiran en torno á posta en valor das “xoias” arqueolóxicas e do romático en todo o municipio.

Cubela trasladoulle ao conselleiro as principais liñas de actuación nas que está a traballar o Concello e que conta, entre elas, unha cunha significación especial e que ten como protagonistas ás “xoias” do románico que ateoura o municipio de Cerdedo-Cotobade.

O proxecto xira en torno ás igrexas de San Martiño de Rebordelo, Santa María de Sacos e Santa Mariña de Tomonde e o mosteiro de San Pedro de Tenorio e o Concello promocionará estas “xoias” a través da edición de trípticos monográficos sobre os elementos arquitectónicos e artísticos que posúen estes edificios relixiosos e que veñen a completar o esplendor do románico galego.

A intención do alcalde é que este traballo teña un aproveitamento desde o punto de vista da dinamización económica do municipio a través da atracción de turistas que se acheguen ata as Terras de Pontevedra na procura de ofertas turísticas relacionadas coa natureza e a arte.

Para elo, o Concello prevé poñer en marcha un ambicioso proxecto de promoción a través da edición de coidados trípticos informativos dos elementos presentes nos catro edificio relixiosos do románico galego e, ademais, establecerase un servizo de guías para que as persoas que se acheguen ata cada un destas igrexas ou o mosteiro poidan ter unha maior comprensión da beleza e da arte románica que atesoura o municipio.

RECUPERACIÓN DE PONTES E CONSERVACIÓN DE ARTE RUPESTRE
Esta iniciativa abondará nas xa iniciadas con anterioridade tendentes á conservación e posta en valor do patrimonio histórico do municipio como foi a recuperación das pontes medievais sobre o río Lérez (Serrapio-Pedre, Fentáns e Parada de Cerdedo) e a actuación en profundidade en varios petróglifos de incalculable valor para a arte rupestre e nos que o Concello investiu uns 40.000 euros.

A oferta histórico-artística e turística do concello no entorno do río Lérez completarase cunha segunda actuación duns 50.000 euros a través do Pacto pola Paisaxe, que mellorará o entorno da ruta entre Cabanca e Cavadosa, así como con varias rutas de sendeirismo que cohabitarán cos Roteiros Saudables de Almofrei, Augasantas, Borela, Carballedo, Cerdedo,
Famelga, Parada de Tenorio, Quireza, Valongo e Vilanova e tamén coa recuperación e posta en funcionamento dos Baños do San Xusto como eixo vertebrador sobre o que xirará gran parte do atractivo e do movemento turístico do concello de Cerdedo-Cotobade a curto e medio prazo.

Cubela agradeceu a receptividade amosada polo conselleiro de Cultura, Román Rodíguez, e manifestou o seu desexo de seguir estreitando a colaboración institucional entre Xunta e Concello para poñer en marcha iniciativas de gran calado e de interese para os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade así como para os visitantes cada vez máis numerosos.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas