Home A Coruña Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cunha xincana, un conto musical,...

Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cunha xincana, un conto musical, un obradoiro de esculturas de papel e a homenaxe a Delgado Gurriarán

- Anuncio -

· Desde o 16 o 19 de maio celebraranse no municipio un compendio de actividades para pequenos e maiores.

O Concello de Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cunha xincana, un conto musical, un obradoiro de esculturas de papel e a homenaxe a Delgado Gurriarán. Desde o 16 o 19 de maio celebraranse no municipio un compendio de actividades para pequenos e maiores.

Así, o día 16 ás 16:00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá unha xincana para 25 nenas e nenos a partir de 8 anos, para a que hai que reservar praza a través do enderezo electrónico cultura@camarinas.net ou no teléfono 665 13 44 90.

O propio día 17 de maio, terá lugar ás 12:00 horas a entrega de premios Certame Letras Galegas, e quen o desexe poderá tamén poñerlle cor á figura do escritor homenaxeado. Ás 12:30 horas actuará o grupo musical ‘Breogáns’.

A Biblioteca municipal acollerá o 18 de maio ás 11:00 horas a contada musical ‘A formiga na barriga’, con Charo Pita, para bebés de 0 a 3 anos. Por último, o 19 de maio ás 16:00 horas, novamente a Biblioteca municipal será o escenario de ‘Papelarte’, un obradoiro de esculturas de papel a cargo de Electra Menéndez Muñoz. Está pensado para nenas e nenas a partir de 4 anos, previa reserva de praza.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas