Home A Coruña O concello estende a outros o espazos axadiñados o Plan Integral de...

O concello estende a outros o espazos axadiñados o Plan Integral de Mellora das Zonas Verdes

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación dos traballos de reforma de catro parques urbanos e cinco rotondas

En maio de 2019, o Concello de Carballo iniciou a reforma integral de 11 espazos axardinados: Rego da Balsa, prazas de Galicia, do Concello e da Cruz Vermella e sete rotondas. Este primeiro contrato permitiu estender ás zonas verdes o proceso de transformación que está a experimentar a nosa vila.

Despois desa primeira intervención, cuxos resultados están á vista, o goberno municipal dá un paso adiante cun novo proxecto de mellora integral doutros 8 espazos axardinados: os parques do Anllóns, Eduardo Pondal, A Milagrosa e San Cristovo, a rotonda de Pedra Furada e outras catro situadas no polígono de Bértoa. O investimento, aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local, acada os 89.999,71 euros.

As actuacións teñen un obxectivo ornamental pero tamén funcional, con deseños adaptados a cada espazo. Así, por exemplo, na zona da Milagrosa crearanse pantallas acústicas e de protección, nas rotondas primará o acolchado de solos espidos e no Parque do Anllóns xeraranse novas zonas de sombra. Todas as melloras realizaranse en función de criterios técnicos, tratando de evitar ou paliar os problemas de tipo fitopatolóxico, biomecánico, fisiopático e de funcionalidade que presentan agora mesmo algunhas desas zonas verdes.

Pero ademais de realizar unha clara aposta de xardíns máis sostibles, coas especies axeitadas a cada espazo, sistemas de rego e un alto estándar de calidade, o Concello de Carballo reforza o seu compromiso coa integración social, xa que o contrato estará reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción reguladas.

Outros acordos
A Xunta de Goberno Local tamén adoptou hoxe outros acordos:
• Pago de facturas por importe de 20.112,28 euros.
• Aprobación definitiva do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a obtención de terreos de propietarios non incorporados á xunta de compensación do sector SI-4 Calvo. Serán expropiadas 4 parcelas, cunha superficie total de 312,02 metros cadrados, e un prezo total de 1.983,74 euros.
• Licenzas de obra, entre elas a relativa a construción dun edificio con 11 vivendas, 17 prazas de garaxe e 11 rochos na Praza de Galicia.
• Contrato privado para o alleamento da participación indivisa da parcela M1 de cesión de aproveitamento urbanístico no ámbito SUD-D/S-T3- A Revolta, no que o Concello de Carballo é propietario dunha parcela de 2.806,33 metros cadrados pola que percibirá 232.055,42 euros.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas