Home O Morrazo Marín O BNG aposta por un maior apoio ao ensino público

O BNG aposta por un maior apoio ao ensino público

- Anuncio -

Lucía Santos afirma que “o BNG ven denunciando constantemente os recortes que o goberno de Feijóo veu aplicando nos últimos anos no ensino público. E lamentamos que mentres todo isto acontece, o PP de María Ramallo ponse de perfil unha vez máis.”

No pasado mes de decembro o BNG de Marín puxo en marcha a campaña “Pensar Marín”, un proceso de debate colectivo para analizar as causas da negativa dinámica na que se atopa o noso concello, expresado na preocupante perda de poboación da última década, de cara a reverter a situación convertendo Marín nun concello dinámico e vivo.

Tras a primeira fase de contacto co comercio local, o BNG dirixiu a súa atención ao ensino para coñecer de primeira man o sentir da comunidade educativa. Nas pasadas semanas o BNG tivo unha serie de encontros coas equipas directivas e coas ANPAS dos centros públi-cos de ensino do noso concello, para “manifestar o inequívoco apoio do BNG a un servizo público esencial, e por outra banda coñecer de primeira man as principais necesidades, de-mandas, queixas e suxerencias da comunidade educativa”, en palabras da Portavoz munici-pal do BNG de Marín, Lucía Santos.

Lucía Santos afirma que “o BNG ve con moita preocupación a política educativa da Xunta, en mans do PP, e ven denunciando constantemente os recortes que o goberno de Feijóo veu aplicando nos últimos anos no ensino público. E lamentamos que mentres todo isto aconte-ce, o PP de María Ramallo ponse de perfil unha vez máis.”

A Portavoz do BNG lembra que “ante a política de precariedade que leva aplicando a Xunta do PP, os centros de ensino público de Marín estanse vendo afectados con falta de profeso-rado ou eivas de infraestruturas demandadas polos centros de ensino que non están sendo atendidas, o que conleva un impacto negativo na calidade educativa.”

Como mostra disto temos o caso do centro de ensino infantil “Nosa Sra do Carme”, caso que o BNG levou ao Parlamento galego, que está padecendo graves recortes de persoal que poñen en perigo a continuidade de dito centro. Lucía Santos afirma que “ante esta proble-mática, María Ramallo mostrouse impasíbel, sen exercer a máis mínima presión ante a Consellería de Educación na defensa da escola “Nosa Señora do Carme”. Unha vez máis, o goberno municipal do PP antepón os intereses do seu partido por riba da defensa dos intere-ses da veciñanza.”

Por outra banda, tanto ANPAS como direccións dos centros públicos manifestan a necesi-dade de levar a cabo actuacións en materia de mobilidade para a creación de camiños esco-lares seguros, fomentando o acceso aos centros educativos a pé ou en bicicleta que garantan a seguridade para a rapazada. A Portavoz municipal do BNG expresa “o apoio total a este tipo de propostas, que van exactamente na liña do modelo de mobilidade do BNG, tal e co-mo se pode comprobar nos concellos nos que goberna o BNG, como Pontevedra.”

Outra das cuestións que preocupa enormemente na comunidade educativa da nosa localida-de é a situación de competencia desmesurada de prazas dos centros concertados, á que os centros de ensino público teñen que facer fronte en desigualdade de condicións, xa que mentres os centros públicos son avaliados anualmente pola Xefatura Territorial, os centros concertados son avaliados cada seis anos. Esta desventaxa leva aos centros públicos a ter que competir entre sí ano tras ano, para acadar o maior número de matrículas e non sufrir recortes nas súas unidades. Esta situación foi debatida no pasado Consello Escolar Munici-pal celebrado no pasado mes de abril, no que Lucía Santos demandou á Consellaría de Edu-cación “dar prioridade absoluta á conservación de unidades nos centros públicos e reducir a oferta de prazas nos centros concertados.”

Lucía Santos remata expresando “o total apoio do BNG ao ensino público, un servizo públi-co fundamental, ao tempo que lamentamos a falta de compromiso do goberno local do PP de María Ramallo ante os importantes problemas que sofre no noso concello.”

A Portavoz municipal do BNG de Marín salienta que “con este achegamento á comunidade educativa o BNG de Marín continúa na liña de contacto permanente coa veciñanza, de cara a coñecer o sentir do pobo de Marín e poder recoller todas as achegas e suxerencias para dar resposta entre todos e todas ás necesidades e desafíos que presenta o noso concello, que á vista está que non son menores.”

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas