Home Pontevedra O concello de Soutomaior inicia a reforma da Escola Infantil de Moreira

O concello de Soutomaior inicia a reforma da Escola Infantil de Moreira

- Anuncio -
  • O local utilizarase para acoller cursos, reunións da asociación de veciños e diversos usos sociais e culturais
  • Os traballos teñen un orzamento de contratación de 98.633 euros
  • O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de reforma da antiga escola unitaria do barrio de Moreira. Un proxecto co que o Concello quere ampliar o número de locais destinados a usos sociais no municipio e que servirá para devolver á vida un inmoble incluído no patrimonio arquitectónico protexido de Soutomaior.
  • Os traballos que recuperación do edificio conlevarán unha renovación total de gran cantidade de elementos. A cuberta será totalmente demolida e substituída por outro nova pero que conservará o maior número de elementos da anterior que aínda teñan vida útil. Tamén se renovará completamente toda a carpintería exterior por unha nova de aluminio con fechaduras de seguridade.
  • O interior do edificio reorganizarase completamente. Derrubarase o pavimento e os tabiques interiores para substituílos por outros novos e permitir un mellor aproveitamento dos espazos. Do mesmo xeito, renovaranse as instalacións de todos os servizos interiores do inmoble como a fontanería, o saneamento, a electricidade e a iluminación. Ademais, instalaranse novas conexións de comunicacións, un sistema de protección contra incendios, un sistema de climatización e un de ventilación forzada.
  • Por último, o exterior do recinto acondicionarase mediante unha limpeza intensiva da pedra perimetral e a reorganización da masa vexetal da contorna. Para finalizar instalaranse dúas varandas de seguridade nas zonas da rampla e as escaleiras.
  • “Unha gran mellora que permitirá que a Asociación de veciños de Moreira dispoña dun local onde levar a cabo as súas actividades”, explicou o alcalde, Agustín Reguera, que esta mañá visitou os traballos acompañado da edil de Xuventude, Noelia Ocampo, veciña do devandito barrio. “As asociacións de veciños fan un gran traballo pola comunidade nos barrios do rural, as súas actividades e iniciativas son fundamentais para dinamizar o tecido social, e para iso necesitan locais e instalacións adecuadas como será a de Moreira”, finalizou Reguera.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas