Home A Coruña Presentación do libro gañador do XXXIV Premio Pérez Parallé

Presentación do libro gañador do XXXIV Premio Pérez Parallé

- Anuncio -

No marco da programación artellada ao redor do Día das Letras Galegas 2022, o CMI Unidade de Fene acolle este sábado, 14 de maio, a presentación de Alimentar canarios con ovos da casa, poemario de Anxo Mena que resultou gañador da última edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. O acto terá lugar a partir das 20.00 horas e incluirá unha actuación musical a cargo da cantautora Sofía Espiñeira.

Alimentar canarios con ovos da casa foi seleccionada entre as 57 obras que se presentaron ao Premio Pérez Parallé en 2021. O xurado estivo formado pola crítica literaria e docente de Literatura Galega, Inma Otero; Ramiro Torres, graduado social e colaborador do grupo surrealista galego Xalundes e Regina Touceda, estudiante de Filoloxía Galega na USC e gañadora do Pérez Parallé no ano 2019 coa obra Deriva.

Nado en Carral en 1982, Anxo Mena é Doutor en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, especializado en Paleoceanografía e Sedimentoloxía, temas nos que segue a investigar.

Actualmente reside en Cangas e traballa no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), en Vigo. En 2012 obtivo o Premio de Poesía Anduriña Voandeira e, posteriormente, o Premio de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo (2012) e o Premio de Poesía da Universidade de Vigo (2015).

O certame nacional de poesía Xosemaría Pérez Parallé foi creado para homenaxear ao poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta popular, activista literario, promotor da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas que fora instituído en Montevideo pola comunidade galega no exilio.

ACTUACIÓN MUSICAL
Sobre a artista que actuará este sábado no CMI Unidade de Fene, no marco da presentación do libro gañador do Premio Pérez Parallé, cómpre salientar que Sofía Espiñeira inicia o seu percorrido musical no 2016 coa grabación do seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas, traballo que nace tras gañar o II Certame de canción de autor en galego do concello de Teo. Este primeiro álbum recolle nove temas orixinais compostos pola autora no que o seu estilo persoal mestúrase coa influencia das músicas de raíz. A canción A cabalo, que abre o disco, recibe recentemente o recoñecemento de estar nominada como finalista á mellor canción na edición 2019 aRi[t]mar Galiza e Portugal.

Con este primeiro traballo na man e tras un percorrido de concertos en salas, festivais e diversos espazos culturais, Sofía Espiñeira entra a formar parte do panorama musical galego coma unha das novas voces da canción de autora. Tamén entra en contacto nestes anos con outros proxectos, colaborando con artistas como MJ Pérez, A banda da loba ou recentemente, co escritor Antón Cortizas, co cal participa, xunto con outros moitos artistas, no libro-disco “O colo das palabras”. Actualmente a cantautora está a traballar nun segundo álbum, para seguir dándolle vida a este proxecto.

Cun estilo persoal influenciado polas músicas de raíz, Sofía Espiñeira diríxese a un público heteroxéneo cun repertorio variado no que bota man do estilo directo que caracteriza á canción de autora. As temáticas próximas e o xogo constante entre a fronteira do íntimo e do público achegan á compositora a conectar co ouvinte nun sentir común, apelando aos sentimentos que nos moven, ás loitas que nos atravesan e tamén achegándose con humor a situacións do noso cotián.A través dun novo formato a trío, Sofía Espiñeira preséntase nesta nova tempada acompañada da sonoridade do violoncello e a forza das percusións, cun repertorio que incluirá tamén temas novos do que será o seu próximo traballo.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas